Saltar ao contido

Bela Gonçalves

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBela Gonçalves

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de novembro de 1988 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
Belo Horizonte, Brasil Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialismo e Liberdade Editar o valor en Wikidata
MovementoFeminismo Editar o valor en Wikidata

Isabella Gonçalves Miranda, máis coñecida como Bella Gonçalves, nada en Belo Horizonte o 20 de novembro de 1988, é unha politicóloga e política brasileira. Foi concelleira da súa cidade natal polo Partido Socialismo e Liberdade (PSOL). Tamén ocupou o cargo de presidenta da sección municipal do PSOL e foi membro activo das Brigadas Populares en defensa do dereito á cidade. Foi a primeira concelleira abertamente lesbiana de Belo Horizonte.[1] Foi elixida deputada estatal de Minas Xerais en 2022.[2]

Acoso sexual

[editar | editar a fonte]

En 2023, Gonçalves anunciou que fora agredida sexualmente polo sociólogo Boaventura de Sousa Santos mentres era estudante de doutoramento no Centro de Estudos Sociais da Universidade de Coímbra (CES), en Coímbra, Portugal.[3][4]