Alejo Real Soto
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX valor descoñecido |
Morte | 15 de outubro de 1928 Pazos de Borbén, España |
Alcalde de Pazos de Borbén | |
1912 – 1914 | |
Actividade | |
Ocupación | avogado, xornalista, político |
Alejo Real Soto, finado en Pazos de Borbén o 15 de outubro de 1928, foi un avogado, xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi procurador no xulgado comarcal de Redondela e arrendatario do Imposto de Consumos de Redondela a finais do século XIX. Dende 1898 dirixiu o Boletín de la Liga de Contribuyentes del Partido de Redondela, e despois foi director do periódico local El Contribuyente. Foi alcalde (1912-1914) e despois secretario do concello de Pazos de Borbén. Coa ditadura de Primo de Rivera foi trasladado como secretario a Crecente.[1] Finou en Pazos de Borbén en outubro de 1928.[2]
Predecesor: Francisco Fragueiro Soto |
Alcalde de Pazos de Borbén 1912 – 1914 |
Sucesor: Enrique Domínguez Iglesias |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Carmen Terrazo Giráldez.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2001). A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Redondela: Concello. p. 32. ISBN 84-8302-720-8.