Addenda et corrigenda
Addenda et corrigenda son morfoloxicamente xerundios (en latín: gerundivum 'relativo ao que debe levarse a cabo') en neutro plural, que equivalen respectivamente a o que debe engadirse ou corrixirse (cf. axenda). No mundo editorial, tan empregados ata non hai moito, significan apéndice, o primeiro, e fe de erratas, o segundo.
Esta expresión emprégase en materia contractual. Mediante ela, as partes, sen necesidade de subscribir un novo instrumento, utilizan o addendum para modificar os termos das súas obrigas. Por exemplo, modifican os termos dun contrato principal cando a vontade das partes conveñen en agregar, modificar condicións ou obrigacións ás xa establecidas ou se require explicitar unha condición ou explicación insuficientemente desenvolvida, fan uso do addendum.
Con todo, a tendencia é a usar case de maneira exclusiva a forma do plural en referencia co contido da, ou das adicións.