Saltar ao contido

Vía de Altas Prestacións da Costa Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CG-1.3 e CG-2.3
Vía de Altas Prestacións da Costa Norte
Mapa
Vía de altas prestacións da Costa Norte
Ponte sobre o río Baleo no Baleo (Ortigueira)
Identificador
TipoloxíaVía de altas prestacións
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude15,55 (en servizo) km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio LU-862  San Cibrao
Fin AG-64  San Sadurniño
Circulación
TránsitoRodado, non peonil
Velocidade máxima
Restricións viarias

A CG-1.3 e CG-2.3 ou Vía de Altas Prestacións da Costa Norte[1][2] (na provincia de Lugo, parte do CG-2.3 e na provincia da Coruña, parte do CG-1.3), é un corredor galego de altas prestacións da Xunta de Galicia que une as localidades de San Cibrao (Cervo) e San Sadurniño; atravesa os concellos de Xove, Viveiro, O Vicedo, Mañón, Ortigueira, Cedeira, Cerdido, Moeche e San Sadurniño. Ten unha lonxitude total e provisional de 80,8 quilómetros (15,55 kms en servizo actualmente, 7,87 kms corresponde á provincia de Lugo e 7,68 kms corresponde á provincia da Coruña; 36,1 kms en proxecto; 29,1 kms en estudo informativo) e iníciase nun cruzamento coa LU-862 en San Cibrao (Cervo) e finaliza nun cruzamento coa AG-64 en San Sadurniño.

Percorrido[editar | editar a fonte]

Inicia na rotonda da estrada LU-862 no lugar de Beltrán (concello de Xove), seguindo á ligazón de Xove coa estrada LU-862, coas direccións, un ao oeste ao lugar dos Parceiros (mesmo concello) e ao leste a Xove e remata de forma provisional na rotonda da estrada LU-862 no lugar de Auga Doce (concello de Viveiro). Este percorrido corresponde á provincia de Lugo e son os primeiros quilómetros do corredor CG-2.3.

Na parte da provincia da Coruña, corresponde á variante de Ortigueira, inicia na rotonda da estrada AC-862 no lugar de Forno (concello de Ortigueira), pasado sobre o río no viaduto do Baleo, seguindo á ligazón de Ortigueira á estrada AC-862 con direccións, un ao oeste a Ortigueira e outro ao leste ao lugar da Brea (mesmo concello) e remata de forma provisional na rotonda da estrada AC-101 no lugar de Ferreiroas (mesmo concello). Este percorrido corresponde ao corredor CG-1.3.

Os treitos entre Viveiro e Ortigueira atópase en proxecto e estudo informativo e entre Ortigueira e San Sadurniño, atópase en proxecto.

Historia[editar | editar a fonte]

Expúxose como unha compensación ao trazado que finalmente se lle deu á autovía A-8, que nun principio debía chegar ata Ferrol bordeando a costa norte e cuxo proxecto definitivo desviouse cara ao interior para enlazar coa A-6 en Baamonde, preto de Vilalba, deixando ás comarcas da Mariña Occidental e Ortegal cunhas vías de comunicación claramente deficientes, con trazado moi antigo e que atravesa numerosos núcleos urbanos. Desta maneira necesítanse máis de 2 horas para percorrer os 117 quilómetros que existen entre Ferrol e San Cibrao (Cervo), a unha velocidade media inferior ao 60 km/h. Neste traxecto unicamente contan con trazado moderno a saída de Ferrol cara a San Sadurniño (12 quilómetros pola autovía AG-64) e as variantes de Ortigueira e Xove, de 8,4 e 7,9 quilómetros respectivamente.

O proxecto de construción desta vía foi anunciado no ano 2001 polo entón conselleiro de Obras Públicas Xosé Cuíña e dividiuse en once fases correspondentes con outros tantos treitos, fixándose a súa data de finalización para o ano 2007. Desde o seu inicio o proxecto foi sumando atrasos motivados por problemas orzamentarios nunha contorna de crise e por desacordos dalgúns gobernos municipais co trazado proposto pola Xunta[3] e non sería ata xaneiro de 2009 cando se iniciaron as obras do primeiro dos treitos, correspondente á variante de Ortigueira.[4] En maio de 2010[5] púxose en marcha o segundo treito que une Celeiro con Beltrán, cuxas obras permaneceron paralizadas durante máis de dous anos ata que se retomaron en setembro de 2014, con conclusión prevista para o mes de decembro de 2016.[6]

O primeiro treito, a variante de Ortigueira, foi inaugurado por Alberto Núñez Feijóo o 2 de xullo de 2013,[7][8][9] ten unha lonxitude de 8,4 quilómetros e contou cun investimento aproximado de 48 millóns de euros e o segundo treito é o que une Celeiro e San Cibrao, foi inaugurado o 10 de xaneiro de 2017.[10][11][12][13]

En 2018,[14] anunciara a licitación da redacción de proxecto da construción da ponte de Viveiro, pero paralizou esta licitación polas alegacións dos veciños afectados da zona e o proxecto deixara bloqueado ou caducado ata que en 2023,[15] anunciara de que necesita o consenso dos municipios afectados ao proxecto da nova ponte de Viveiro. O proxecto da nova ponte consta uns 1,8 quilómetros atravesado ao norte de Viveiro sobre a ría de Viveiro. Na actualidade non avanzou aínda este proxecto.

Treitos[editar | editar a fonte]

Denominación Treito Kms Ano servizo / Estado (2024)
 CG-2.3   LU-862  Beltrán - Celeiro 7,9 2017[10][11][12][13]
Variante de Viveiro
Tramo: Celeiro - Covas
 
17,0
Proxecto caducado[16][14]
(pendiente nuevo proyecto)[15]
Covas - O Porto do Barqueiro 10,1 Estudo informativo[14]
O Porto do Barqueiro -  AC-862  Espasante 11,0 Estudo informativo[14]
 CG-1.3  Variante de Ortigueira
Tramo:  AC-862  Espasante -  AC-101  Ferreiroas
 
7,7
 
2013[7][8][9]
Ferreiroas -  AC-566  O Campo do Hospital 8,0 Estudo informativo[14][17]
 AC-566  O Campo do Hospital - A Sanguiñeira 11,6 En redacción de proxecto (pendente someter a información pública)[18]
(pendente licitación de obras)
A Sanguiñeira -  AG-64  San Sadurniño 7,5 Proxecto terminado (sometida a información pública)[19]
(pendente licitación de obras)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023. 
  3. "A alcaldesa de Viveiro acusa a Xunta de "impor" o trazado do corredor". Consultado o 10 de xaneiro de 2017. 
  4. "Touriño y Caride presiden el inicio de las obras del corredor de la costa norte". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2009. 
  5. "O conselleiro de Medio Ambiente informa o alcalde de Xove que o seu departamento analizará melloras no trazado no treito Celeiro-San Cibrao da VAP do norte para diminuír as afeccións". Consultado o 13 de maio de 2010. 
  6. "La Xunta anuncia el corredor San Cibrao-Viveiro para la primavera del 2016". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24 de setembro de 2014. 
  7. 7,0 7,1 "Feijóo anuncia que, "grazas a unha política económica responsable", este ano poñeranse en servizo en Galicia 50 novos quilómetros de Vías de Alta Capacidade". Consultado o 2 de xullo de 2013. 
  8. 8,0 8,1 "La variante de Ortigueira liberará a la villa del tráfico de camiones". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de xullo de 2013. 
  9. 9,0 9,1 "La variante liberará la villa de Ortigueira del tráfico pesado". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 3 de xullo de 2013. 
  10. 10,0 10,1 "Feijóo refírese á VAP Celeiro-San Cibrao como fundamental para a vertebración e competitividade da Mariña e asume o compromiso de presentar un novo trazado para a variante de Viveiro". Consultado o 10 de xaneiro de 2017. 
  11. 11,0 11,1 "Abre el segundo tramo del corredor del norte, del que aún faltan 95 kilómetros". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de xaneiro de 2017. 
  12. 12,0 12,1 "Salgueiro pidió la variante de Viveiro y Feijoo prometió un trazado distinto". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de xaneiro de 2017. 
  13. 13,0 13,1 "Viveiro-Foz: cinco minutos menos por el corredor". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de xaneiro de 2017. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 "A Xunta licita a redacción do estudo de impacto ambiental da nova ponte sobre a ría de Viveiro e o proxecto de construción da actualización da VAP de Costa Norte". Consultado o 8 de marzo de 2018. 
  15. 15,0 15,1 "La Xunta reitera que el corredor de la costa sigue atascado por la variante de Viveiro". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 6 de febreiro de 2023. 
  16. "Feijóo reivindica a creación dun novo treito de idade a partir dos 85 anos para que a futura reforma do financiamento autonómico dea resposta ao sobreenvellecemento". Consultado o 11 de decembro de 2017. 
  17. "Ethel Vázquez destaca o final da 1ª fase de mellora da AC-862, que continuará agora ata A Ponte de Mera e supoñerá un antes e un despois na mobilidade entre San Sadurniño e Ortigueira tras 15 M€ de investimento". Consultado o 6 de febreiro de 2023. 
  18. "Ethel Vázquez anuncia que a Xunta someterá a información pública a comezos de 2021 o novo treito da VAP da Costa Norte mentres avanza na mellora das comunicacións da comarca". Consultado o 4 de decembro de 2020. 
  19. "A Xunta somete a información pública un novo treito da vía de altas prestacións da Costa Norte, entre San Sadurniño e Sanguiñeira". Consultado o 19 de maio de 2021.