Raúl Francés
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de maio de 1958 (66 anos) O Porriño, España |
Alcalde do Porriño | |
2003 – 2010 ← José Manuel Barros – Nelson Santos Argibay → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Raúl Francés Rodríguez, nado no Porriño o 12 de maio de 1958, é un mestre e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en Pedagoxía, é mestre de Pedagoxía Terapéutica. Nas eleccións municipais de 1995 foi elixido concelleiro do BNG no Porriño. En 1999 encabezou a candidatura nacionalista e pasou de 3 a 5 concelleiros, consolidándose como principal grupo da oposición ó PPdeG de José Manuel Barros. Nas eleccións municipais de 2003 encabezou novamente a candidatura do BNG no Porriño, baixando a tres concelleiros, se ben foi elixido alcalde grazas a un pacto co PSdeG-PSOE (2 edís) que contou co apoio na investidura de Independientes de Porriño, de Gonzalo Ordóñez Puime, que lograra cinco concelleiros. Nas municipais de 2007 logrou sela forza máis votada con 5 edís, polo que foi reelixido alcalde como cabeza de lista máis votado e renovou o goberno de coalición cos socialistas, se ben a suma de ambos non lograba a maioría absoluta. En febreiro de 2010 os 3 grupos restantes da corporación (PP, CxP e IdeP) presentaron unha moción de censura que fixo alcalde ó candidato de CxP Nelson Santos Argibay e a integración das dúas formacións independentes no PPdeG, que pasou a rexer de novo o concello en maioría. Nas municipais de 2011 volveu encabezar a candidatura do BNG[1], mais non logrou recuperala alcaldía dado que o PPdeG logrou a maioría absoluta.
En abril de 2012 pediu a baixa no BNG e tamén como concelleiro xunto cos edís Kiko Paz Antón e Victoria Cardoso.[2] Nas municipais de 2015 presentouse como independente de número dous na lista do PSdeG-PSOE[3], a cal acadou o goberno grazas a un pacto e foi segundo tenente de alcalde e concelleiro de Facenda, Emprego e Cultura. En novembro de 2015 dimitiu trala apertura de xuízo oral pola prórroga de contratos cando era alcalde en 2008.[4] Foi condenado e inhabilitado por 8 anos e 6 meses a cargo público en novembro de 2016, adquirindo a sentenza firmeza en xaneiro de 2018.
Predecesor: José Manuel Barros González |
Alcalde do Porriño 2003 - 2010 |
Sucesor: Nelson Santos Argibay |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "El exalcalde Raúl Francés encabezará la candidatura nacionalista de Porriño". artigo en Faro de Vigo, 12 de febreiro de 2011 (en castelán)
- ↑ "Lo que pasó en el BNG fue un divorcio y la vida pondrá a cada uno en su sitio", artigo en Faro de Vigo, 20 de abril de 2012 (en castelán).
- ↑ "El exalcalde del BNG de Porriño, Raúl Francés, número 2 en la lista del PSOE", artigo en Faro de Vigo, 19 de abril de 2015 (en castelán).
- ↑ "Dimite Raúl Francés, segundo teniente alcalde de O Porrriño", artigo en Faro de Vigo, 9 de novembro de 2015 (en castelán).