Noureddine Naybet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Naybet»)
Infotaula de personaNoureddine Naybet

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ar) نور الدين النيبت Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de febreiro de 1970 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Casablanca, Marrocos Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMarrocos Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
Altura185 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor em Wikidata -
LinguaÁrabe e Lingua bérber Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaMarrocos Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
LigaPremier League Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDefensa e defensa central Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1989-1993 Wydad Athletic Club (pt) Traducir 75(4)
1993-1994 FC Nantes 34(1)
1994-1996 Sporting Clube de Portugal 54(5)
1996-2004 Deportivo da Coruña 211(11)
2004-2006 Tottenham Hotspur 30(1) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1990-2006   Selección de fútbol de Marrocos 115(4) Editar o valor em Wikidata
Participou en
2006Campeonato Africano das Nações de 2006 (pt) Traducir
2004Campeonato Africano das Nações de 2004 (pt) Traducir
2002Copa Africana de Nacións de 2002
2000Copa Africana de Nacións de 2000
1998Copa Africana de Nacións de 1998
1998Mundial de Fútbol Francia 1998
1994Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994
1992Campeonato Africano das Nações de 1992 (pt) Traducir
1992Xogos Olímpicos de 1992 Editar o valor em Wikidata
Premios

FIFA: 179908 Editar o valor em Wikidata

Noureddine Naybet M. (en árabe, نور الدين نبيت), nado en Casablanca o 10 de febreiro de 1970, é un exfutbolista marroquí. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección marroquí.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira nas categorías inferiores do Widad Casablanca, onde pese á súa mocidade causou sensación. Con este club gañou en tres ocasións o campionato de Liga de Marrocos e en 1992 a Liga de Campións africana. Ese mesmo ano participou coa súa selección nos Xogos Olímpicos de Barcelona.

As súas boas actuacións permitiron o seu paso ao fútbol europeo, sendo contratado para a tempada 1993–94 polo FC Nantes, onde realiza unha campaña impresionante e é elixido como un dos xogadores máis importantes do campionato francés. Ao ano seguinte é traspasado ao Sporting de Lisboa no que xogará dúas tempadas. Os seus bos resultados co equipo portugués fan que o fútbol español poña os seus ollos nel. Así, de cara á tempada 1996–97, o Deportivo da Coruña faise cos seus servizos por unha cantidade xamais pagada por un futbolista marroquí. Co Deportivo Naybet alcanzou os seus maiores éxitos, gañando a Liga de España 1999–00, a Copa do Rei 2001–02 e as Supercopas de España de 2000 e 2002.

De cara á tempada 2004–05, Naybet abandonou o Deportivo para xogar no Tottenham Hotspur inglés, onde se retirou en 2006.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Naybet foi internacional con Marrocos en 115 ocasións entre 1990 e 2006, nas que anotou 4 goles. Participou en 6 Copas de África e nas Copas do Mundo de 1994 e 1998. Xogou o seu primeiro partido internacional o 9 de agosto de 1990 contra Tunisia e marcou o seu primeiro gol internacional o 31 de maio de 1997 nun partido contra Etiopía.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Deportivo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]