Lingua náhuatl
Náhuatl Nāhuatl, Nāhuatlahtōlli, Mēxihcatlahtōlli, Mācēhuallahtōlli, Mēxihcacopa | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [ˈnaːwatɬ] | |
Outros nomes: | Azteca, Mexicano | |
Falado en: | México | |
Rexións: | Estado de México, Puebla, Veracruz, Hidalgo, Guerrero, Morelos, Tlaxcala, Oaxaca, Michoacán, Durango | |
Total de falantes: | 1 700 000 (2015) | |
Familia: | Uto-azteca Nahua Náhuatl | |
Escrita: | Latino | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | México A través da Lei Xeral de Dereitos Lingüísticos dos Pobos Indíxenas[1] | |
Regulado por: | Instituto Nacional de Lenguas Indígenas[2] | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | nah | |
ISO 639-3: | nci
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua náhuatl[3][4] (que deriva de nāhua-tl, «son claro ou agradable» e tlahtōl-li, «lingua ou linguaxe»[5]), coñecida tamén historicamente como lingua azteca, é unha lingua pertencente á familia de linguas uto-aztecas falada polo pobo náhuatl. Foi a lingua do Imperio Azteca. Segundo un censo do INEGI, no ano 2000 estimouse o número de falantes desta lingua en México nunhas 1,45 millóns de persoas, máis do 95% delas bilingües xunto co castelán.[6] O seu uso esténdese desde o norte de México até Centroamérica.
Nome[editar | editar a fonte]
A terminoloxía utilizada para describir as variedades do idioma aplícase de maneira inconsistente. Úsanse moitos termos con múltiples denotacións, ou unha soa agrupación de dialectos é identificada con varios nomes. Ás veces, as palabras máis antigas substituénse por outras novas, ou co propio nome dos falantes para a súa variedade específica. A palabra "náhualt" é, en si mesma, unha palabra náhuatl, probablemente derivada de nawatl, que significa "son agradable".[5] Os lingüistas adoitan identificar os dialectos locais do idioma engadindo como cualificativo o nome da rexión onde se fala esa variedade.
Clasificación[editar | editar a fonte]
O náhuatl pertence á familia das linguas nahuas. O protonahua é o devanceiro de todas as variantes coñecidas. Segundo algúns autores, a primeira división do protonahua deu orixe ao extinto pochuteco, por unha banda, e ao chamado náhuatl nuclear, pola outra. Este, á súa vez, divídese en dúas pólas: o náhuatl occidental e o náhuatl oriental. Para rematar, a rama occidental divídese en náhuatl da periferia occidental e náhuatl central. Todas as variantes actuais proceden destes grupos.
A subclasificación actual do náhuatl baséase nas investigacións de Una Canger e Yolanda Lastra.[7][8][9] Canger inicialmente introduciu o esquema dunha agrupación central e dous grupos periféricos.[7][8] Lastra concordou con esta idea, malia discrepar nalgúns detalles.[9]
Dende un punto de vista tipolóxico, o náhuatl é unha lingua polisintética e aglutinante, sobre todo na morfoloxía verbal e na formación do léxico. Ademais, é un idioma de núcleo final, no que o modificador adoita preceder ao núcleo modificado.[10]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "General Law of Linguistic Rights of Indigenous Peoples" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xuño de 2008. Consultado o 05 de abril de 2017.
- ↑ "Instituto Nacional de Lenguas Indígenas homepage".
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para náhuatl.
- ↑ Definición de náhuatl no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ 5,0 5,1 Real Academia Española (2005). "náhuatl". Diccionario de la lengua española. 22ª edición (en castelán). Madrid: Santillana.
- ↑ INEGI 2005:3
- ↑ 7,0 7,1 Canger, Una (1980). Five Studies Inspired by Nahuatl Verbs in -ao (en inglés). Linguistic Circle of Copenhagen. ISBN 978-87-7421-254-6.
- ↑ 8,0 8,1 Canger, Una (1988-01). "Nahuatl Dialectology: A Survey and Some Suggestions". International Journal of American Linguistics (en inglés) 54 (1): 28–72. ISSN 0020-7071. doi:10.1086/466074.
- ↑ 9,0 9,1 Lastra, Yolanda (1986). "Las áreas dialectales del náhuatl moderno - Instituto de Investigaciones Antropológicas". www.iia.unam.mx (en castelán). Consultado o 2024-03-16.
- ↑ Peralta Ramírez, Valentín (2007). "El nawat de la Costa del Golfo: algunas semejanzas y diferencias estructurales con el náhuatl central". ENAH/IIA-UNAM (en castelán).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua náhuatl |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Garibay, Angel Ma., Llave del Nahuatl. Porrua, México, [1940] 1999.
- Kartunnen, Frances, Apéndice: Mowentike Chalman/Los Peregrinos de Chalma de Jean Charlot, Renvall Institute, Universidad de Helsinqui.
- Sullivan, Thelma D, Compendio de la Gramática Nahuatl. Universidad Nacional Autónoma de México, [1976] 1992.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Mexica - Aprende Náhuatl Arquivado 17 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine.
- Curso de náhuatl
- La escritura náhuatl
- Diccionario Aulex náhuatl-español, español-náhuatl
- Gran diccionario náhuatl
- Diccionario: Nahuatl de Mecayapan y Tatahuicapan
Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |