José Ramón Bugallal
(Redirección desde «José Ramón Bugallal Muñoz»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de agosto de 1818 Ponteareas, España |
Morte | 22 de febreiro de 1891 (72 anos) Ponteareas, España |
Gobernador civil da provincia de Ourense | |
1880 – | |
Alcalde de Ponteareas | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | notario , político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Isidoro Bugallal, Gabino Bugallal, Darío Bugallal Araújo |
José Ramón Bugallal Muñoz, nado o 3 de agosto de 1818 en Ponteareas e finado na mesma vila o 22 de febreiro de 1891, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Pedro Lorenzo Bugallal. Notario en Ponteareas. Foi designado alcalde de Ponteareas en 1852. Xefe do Partido Conservador en Galicia, foi gobernador civil de Ourense de 1875 a 1877, en 1880 e de 1883 a 1884.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Mariana Araujo Alcalde, filla do emigrante e líder da comunidade galega en Cuba, Isidoro Araújo. Entre os seus fillos están Isidoro Bugallal e Gabino Bugallal, xornalista o primeiro e político o segundo, que chegou a ser presidente do goberno de España.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Candeira Mosquera, Francisco (1990). Caciquismo e poder local na Galicia da restauración (distrito de Ponteareas, 1881-1894). Ponteareas: Galicia - Sur. ISBN 84-404-8088-1.