José Quintas da Vila
Biografía | |
---|---|
Nacemento | novembro de 1873 Vigo, España |
Morte | 27 de febreiro de 1957 (83 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Alfonso Quintas da Vila |
José Quintas da Vila,[1] nado en Vigo en novembro de 1873 e finado na mesma cidade o 27 de febreiro de 1957, foi un agrarista e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Irmán de Alfonso Quintas da Vila. Republicano, dirixiu os periódicos El Radical, La Defensa e El Campesino, órgano das sociedades agrícolas do distrito de Lavadores; foi redactor de La Lucha e colaborou en La Justicia. Foi presidente da sociedade viguesa La Oliva en varias ocasións.[2][3] Participou nos mitins agraristas en 1912.[4] Elixido presidente da Agrupación Republicana de Vigo para 1914,[5] foi presidente da Federación Agraria do distrito de Vigo. Foi proclamado candidato a deputado provincial polos agraristas en 1917,[6] e presidiu o Congreso Agrario Provincial celebrado en Lavadores en 1918.[7] Na República foi concelleiro de Vigo na corporación que presidiu Manuel Hidalgo Rodríguez.[8] Foi oficial maior da Cámara da Propiedade Urbana da comarca de Vigo. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e pasou un tempo na cadea. Finou en Vigo o 27 de febreiro de 1957.[9][10]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Ignacia Pérez Piorno en 1923.[11]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Nalgunhas fontes aparece como José Quintas Davila
- ↑ La Voz de Galicia, 13-8-1910, p. 2.
- ↑ El Tea, 3-2-1919, p. 1.
- ↑ El Tea, 9-11-1912, p. 2.
- ↑ El Progreso, 31-12-1913, p. 2.
- ↑ El Tea, 2-3-1917, p. 2.
- ↑ El Tea, 3-10-1918, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 11-1-1936, p. 4.
- ↑ Faro de Vigo, 28-2-1957, p. 3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 1-3-1957, p. 2.
- ↑ Galicia, 10-4-1923, p. 2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Cabo Villaverde, Miguel (2003). Prensa agraria en Galicia. Ourense: Duen de Bux. p. 114. ISBN 84-932078-3-7.
- Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. ISBN 978-84-8457-448-4.