Joaquín Vázquez de Puga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de setembro de 1820 Arbo, España |
Morte | 1878 (57/58 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Joaquín Daniel Vázquez de Puga Torres, nado en Cequeliños (Arbo) o 30 de setembro de 1820 e finado en 1878[1], foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi un importante propietario, tendo unha participación importante na desamortización, xa que adquiriu na provincia de Ourense rendas forais por un valor de 658.150 rs. das casas matrices de Melón e Oseira (1849) e do priorato de Reza do mosteiro de Melón (1850). Destacado político unionista durante o reinado de Isabel II, foi deputado provincial polo distrito da Cañiza en 1856. O seu poder baseábase no control sobre esa zona, e puxo a disposición de Elduayen no Sexenio as súas propias redes clientelares para que este fose deputado a Cortes. Foi deputado polo distrito de Vigo en 1865 e 1869 e polo de Verín en 1876. En 1872 foi elixido senador por Pontevedra, axudado polo elduayenismo. Foi contratista da MZOV como retribución polos seus servizos electorais.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Joaquín Vázquez de Puga en xenealoxia.org". Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2012. Consultado o 06 de agosto de 2011.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- En torno ó elduayenismo: reflexións sobre a política clientelista na provincia de Pontevedra (1856-1879) / Felipe Castro Pérez in Documentos de Traballo. Historia; 13