Cabilia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «Mar Mediterráneo»
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
:''Este artigo trata da rexión da Alxeria. Para o pobo, vexa [[pobo cabilio]]. Para a lingua, vexa [[Lingua cabila]].''
:''Este artigo trata da rexión da Alxeria. Para o pobo, vexa [[pobo cabilio]]. Para a lingua, vexa [[Lingua cabila]].''
[[Ficheiro:Blue_and_yellow_flag.svg|miniatura|Bandeira da Cabilia.]]
[[Ficheiro:Drapeau officiel de la Kabylie (région autonomiste du nord de l'Algérie).png|miniatura|Bandeira da Cabilia.]]
A '''Cabilia'''<ref>{{DRAG|cabilo}}</ref> é unha área montañosa no norte de [[Alxeria]]. Os seus habitantes (os cabilas) chámana en [[Lingua cabila|cabila]] ''Tamurt Idurar'' (''Terra de Montañas'') ou ''Tamurt Leqvayel'' (''Terra dos Cabila''s). Forma parte do [[Cordal do Atlas]] e está localizada á beira do [[mar Mediterráneo]]. Cabilia cobre varias [[vilaia]]s de Alxeria: a totalidade de [[Vilaia de Tizi Ouzou|Tizi Ouzou]] e [[Vilaia de Buxía|Buxía]], a maioría de [[Vilaia de Bouira|Bouira]] e parte das vilaias de [[Vilaia de Bordj Bou Arreridj|Bordj Bou Arreridj]], [[Vilaia de Jijel|Jijel]], [[Vilaia de Boumerdes|Boumerdes]], e [[Vilaia de Setif|Setif]].

Revisión como estaba o 11 de febreiro de 2024 ás 10:17

Este artigo trata da rexión da Alxeria. Para o pobo, vexa pobo cabilio. Para a lingua, vexa Lingua cabila.
Bandeira da Cabilia.

A Cabilia[1] é unha área montañosa no norte de Alxeria. Os seus habitantes (os cabilas) chámana en cabila Tamurt Idurar (Terra de Montañas) ou Tamurt Leqvayel (Terra dos Cabilas). Forma parte do Cordal do Atlas e está localizada á beira do mar Mediterráneo. Cabilia cobre varias vilaias de Alxeria: a totalidade de Tizi Ouzou e Buxía, a maioría de Bouira e parte das vilaias de Bordj Bou Arreridj, Jijel, Boumerdes, e Setif.

A colonización francesa

Mulleres cabilas, 1886.

A área foi pasando gradualmente a control francés dende 1857, espertando unha vigorosa resistencia levada a cabo pola poboación local dirixida por líderes como Lalla Fatma n Soumer, continuando máis tarde coa rebelión de Cheikh Mokrani en 1871. Moitas terras foron confiscadas neste período ás tribos máis recalcitrantes e dadas ós pied-noirs franceses. Foron levados a cabo moitos arrestos e deportacións polos franceses, principalmente a Nova Caledonia. A colonización tamén acelerou a chegada de emigrantes tanto de dentro do país como de fóra del.

Os traballadores alxerinos en Francia organizaron o primeiro partido que promoveu a independencia nos anos 20. Messali Hadj, Imache Amar, Si Djilani, e Belkacem Radjef gañaron rapidamente un grande seguimento tanto en Francia como en Alxeria nos anos trinta e desenvolveron activamente militantes que volvéronse vitais nun futuro para construír unha Alxeria independente e loitadora.

Durante a guerra de independencia (1954-1962), a Cabilia foi unha das áreas que foi máis afectada, debido á importancia do maquis (axudados polo terreo montañoso) e á represión francesa. A FLN recrutou a varios dos seus líderes históricos alí, entre eles Hocine Aït Ahmed, Abane Ramdane, e Krim Belkacem.

Política

A rexión de Cabilia
Paisaxe da Cabilia.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cabilo.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Mohamed Dahmani, Economie et Societe en Grande Kabylie (Alger: Office des Publications Universitaires, 1987)

Ligazóns externas