Saltar ao contido

Juan José Barcia Goyanes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJuan José Barcia Goyanes

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de decembro de 1901 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de xullo de 2003 Editar o valor em Wikidata (101 anos)
Valencia, España Editar o valor em Wikidata
Procurador en Cortes
11 de novembro de 1971 – 5 de maio de 1972 – Rafael Bartual Vicens →
Procurador en Cortes
6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971
Procurador en Cortes
4 de abril de 1967 – 15 de novembro de 1967
← José Corts Grau
Reitor da Universidade de Valencia
1967 – 1972
Decano
1945 –
Presidente da Deputación da Coruña
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpsiquiatra , médico , político Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Valencia, reitor
Universidade de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

BNE: XX873273 Dialnet: 50658

Juan José Barcia Goyanes, nado en Santiago de Compostela o 26 de decembro de 1901 e finado en Valencia o 13 de xullo de 2003, foi un médico e escritor galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Juan Barcia Eleicegui (1877-1946) e neto de Juan Barcia Caballero (1852-1926). Estudou o Bacharelato en Compostela e licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1922, recibindo o «premio Rodríguez Abaytúa» da Real Academia de Medicina ao mellor expediente do país.[2]. En 1925 leu a súa tese de doutoramento titulada Variedades atávicas y las detenciones en el desarrollo, estudiadas en el maxilar superior de los locos. Acompañou en varias ocasións ao seu pai, médico militar no norte de África, onde iniciou o seu interese pola cultura árabe. Obtivo por oposición a praza de profesor auxiliar temporal de Anatomía sendo alumno e colaborador do profesor Rodríguez Cadalso. Foi médico do sanatorio de Ángel Baltar Cortés, que o iniciou na Cirurxía. En 1926 obtivo a cátedra de Anatomía da Universidade de Salamanca.[3] En 1929 trasladouse a Valencia para ocupar a cátedra de Anatomía.[Cómpre referencia] Nese ano obtivo a praza de Xefe de Servizo de Enfermidades Nerviosas do hospital de Valencia. En 1930 transformou o servizo de Enfermidades Nerviosas en Servizo de Neuropsiqiatría e Neurocirurxía e o 22 de novembro de 1931 realizou a primeira operación neuroquirúrxica en España.[3]

O inicio da Guerra Civil Española sorprendeuno en Santander, nun curso da Universidade de Verán. O 29 de outubro de 1938 foi nomeado presidente da Comisión Xestora da Deputación da Coruña. Ao rematar a guerra volveu a Valencia e continuou a súa actividade. Ao crearse o Consello Superior de Investigacións Científicas foi nomeado Xefe da Sección de Neuroloxía do Instituto Cajal.

Fundou a Revista Medicina Española,[3] e a Revista Española de Neurooftalmología y Neurocirugía. Tamén foi un dos fundadores da Sociedad Luso-Española de Neurocirugía.

Foi presidente da Sociedad Española de Neurología e da Sociedad Española de Anatomía e membro de honra de varias sociedades europeas e americanas.

Foi decano da Facultade de Medicina de Valencia (1945-1964), logrou a creación da nova Facultade de Medicina, inaugurou o novo hospital Clínico, rescatou a biblioteca histórica e, coa colaboración do profesor López Piñero, creou a nova biblioteca e Hemeroteca. Foi reitor da Universidade de Valencia (1965-1971).[Cómpre referencia]

Organizou Congresos e Reunións, como o controvertido Primeiro Congreso de Historia do País Valenciano.


Predecesor:
Emilio de las Casas Soriano
 
Presidente da deputación da Coruña
 
1938 - 1939
Sucesor:
Emilio Romay Montoto

Vida persoal[editar | editar a fonte]

En 1927 casou con María de la Encina Salorio Suárez,[4] irmá do que sería alcalde da Coruña Demetrio Salorio Suárez e tía do oftalmólogo Manuel Sánchez Salorio. O matrimonio tivo catro fillos: María de la Encina, nai do bailarín Nacho Duato,[5] Juan Luis, Demetrio e María de los Ángeles.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. SANCHEZ SALORIO, M.. Demetrio Pita en la memoria y en el corazón (en español). Arch Soc Esp Oftalmol [online]. 2006, vol.81, n.2 [citado 2010-01-16], pp. 61-62. ISSN 0365-6691].
  2. Demetrio Barcia Salorio (psiquiatria.com). "Prof. Juan José Barcia Goyanes (1901-2003). In memoriam" (PDF) (en castelán). Consultado o 16 de xaneiro de 2010. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Giner R. Profesor Barcia Goyanes: In memoriam[Ligazón morta] (en español). Neurocirugía, 2003, 14:342-343. Último acceso 16 de xaneiro de 2010.
  4. Historia de la neurocirugía española. La escuela de Valencia: J.J. Barcia Goyanes
  5. Nacho Duato se siente coruñés
  6. Juan José Barcia Goyanes

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]