Saltar ao contido

Antonia Alarcón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonia Alarcón
Biografía
Mortep. 1811 Editar o valor em Wikidata
Causa da mortepena de morte, enforcamento Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónobreira Editar o valor em Wikidata

Antonia Alarcón, nada no século XVIII e finada en Ferrol cara a 1811, foi unha líder obreira galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Viviu en Ferrol a finais do século XVIII e principios do XIX. En 1810, mulleres obreiras de Ferrol encabezaron o movemento contra o desmantelamento dos estaleiros ferroláns, a consecuencia da centralización naval en Cádiz durante a Guerra da Independencia española. Antonia Alarcón foi unha das persoas que encabezaron o motín, que tivo unha fundamental presenza feminina segundo recolle a prensa da época.[1][2]

Alarcón liderou a revolta na que foi asasinado o gobernador José de Vargas, ao que as traballadoras acusaban de quedarse co diñeiro das pagas dos traballadores da armada e do naval.[2][3]

Un ano despois do motín, nun xuízo celebrado na Audiencia da Coruña, Antonia Alarcón e outras dúas persoas, un home e unha muller, foron condenados a morrer na forca como instigadores da revolta. Alarcón foi acusada de ser a súa principal dirixente. Foi decapitada e a súa cabeza foi exposta nunha pica fronte ao Arsenal de Ferrol.[4]

Notas[editar | editar a fonte]