Escala de tempo xeolóxico selenolóxico
Divisións do xempo xeolóxico lunar |
Pre-Nectárico - Nectárico - Ímbrico Inferior - Ímbrico Superior - Eratosteriano - Copernicano |
A escala de tempo xeolóxico da lúa, escala de tempo lunar ou escala de tempo selenolóxica[1] divide a historia xeolóxica da Lúa en seis períodos principais.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f7/Full_Moon_Japan-2.jpg/220px-Full_Moon_Japan-2.jpg)
Períodos ou eras[editar | editar a fonte]
- Copernicano (ou era copernicana): 1.100 millóns de anos até a actualidade.
- Eratosteniano (ou era Eratosténica): dende 3.200 millóns de anos até 1.100 millóns de anos antes do presente.
- Ímbrico superior : desde 3.800 millóns de anos até 3.200 millóns de anos antes do presente.
- Ímbrico inferior : de 3.850 millóns de anos a 3.800 millóns de anos antes do presente.
- Nectariano (ou era nectariana): dende 3.920 millóns de anos até 3.850 millóns de anos antes do presente.
- Prenectariano (ou era prenectariana): dende 4.550 millóns de anos até 3.920 millóns de anos antes do presente.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/47/Geologic_Map_of_the_Near_Side_of_the_Moon.jpg/220px-Geologic_Map_of_the_Near_Side_of_the_Moon.jpg)
Os valores das datas son aproximados, xa que as divisións entre épocas baséanse nas datas nas que ocorreron importantes eventos xeolóxicos lunares, ás veces difíciles de determinar con precisión. A maioría das mostras lunares a partir das que se desenvolveu a escala temporal que hoxe é aceptada son basaltos do Ímbrico. As mostras anteriores e posteriores a este período son máis escasas e, en particular, as máis antigas víronse afectadas por violentos impactos meteorolóxicos que dificultan a determinación da súa idade por medios radiométricos. En moitas mesetas lunares, os planetólogos non poden distinguir entre materiais nectarianos e prenectarios, e denomínanse xenericamente materiais preímbricos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "A Cratera Eratóstenes e a Escala de Tempo Lunar" (en portugués). Consultado o 2022-07-15.
----
![]() |
Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
----
![]() |
Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Escala de tempo xeolóxico selenolóxico |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Martel, L.M.V. (28 de setembro de 2004). "Lunar Crater Rays Point to a New Lunar Time Scale" (en inglés). Planetary Science Research Discoveries.