Edmond Halley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Edmund Halley»)
Infotaula de personaEdmond Halley

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de outubro de 1656 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Haggerston (Reino de Inglaterra) Editar o valor em Wikidata
Morte14 de xaneiro de 1742 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Greenwich (Reino de Gran Bretaña) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSt Margaret's, Lee (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Astrónomo Real
1720 – 1742
← John Flamsteed (pt) TraducirJames Bradley → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Inglaterra
Reino de Gran Bretaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónDeísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónSt Paul's School (pt) Traducir
The Queen's College (pt) Traducir
Universidade de Oxford Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXeofísica, meteoroloxía, demografía, matemático, meteorólogo, físico, astronomía e astrónomo Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Santa Helena (1676–) Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemático , filósofo , cociñeiro , físico , profesor universitario , cartógrafo , astrónomo , meteorólogo , xeofísico , climatólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorObservatório Real de Greenwich (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Royal Society (1678–) Editar o valor em Wikidata
ProfesoresJohn Flamsteed (pt) Traducir e Robert Hooke Editar o valor em Wikidata
AlumnosJames Pound Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMary Tooke
Premios

WikiTree: Halley-148 Find a Grave: 7448 Editar o valor em Wikidata

Edmond Halley, nado en Haggerston, Londres, o 8 de novembro de 1656 e finado en Greenwich o 14 de xaneiro de 1742, foi un matemático e astrónomo inglés que, polo seu estudo do Cometa Halley, revelou a natureza periódica dos cometas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun rico fabricante de xabón, xa dende moi novo amosa interese polas matemáticas e a astronomía da man do astrónomo real, John Flamsteed, profesor seu en Oxford. Logo de se graduar viaxa á illa de Santa Helena, coa intención de estudar as estrelas dende o hemisferio sur. En 1678 regresa a Inglaterra e publica Catalogus Stellarum Australium (1679), no que inclúe detalles de 341 estrelas meridionais, e entra na Royal Society.
Un dos seus traballos presentados na Royal Society foi o informe da eclipse total de Sol acontecida o 22 de abril de 1715, que atravesou o centro da Gran Bretaña (Inglaterra e Gales), feito que non acontecía na illa dende había 500 anos, e calculou tamén o diámetro, dirección e velocidade de paso da sombra. Aplicando a teoría da gravidade de Newton calculou a órbita de varios cometas, descubrindo que a órbita do cometa de 1682 era a mesma que as órbitas dos vistos en 1531 e 1607, chegando á conclusión de que se trataba dun único cometa e que volvería pasar en 1758. Na súa honra déuselle o seu nome a este cometa (1P/Halley). Entre 1698 e 1700 percorreu as costas de África austral, ocupado na teoría do magnetismo terrestre no barco Paramour Pink.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]