D. H. Lawrence
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (en) David Herbert Lawrence ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) David Herbert Richards Lawrence ![]() 11 de setembro de 1885 ![]() Eastwood (Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda) ![]() |
Morte | 2 de marzo de 1930 ![]() Vence (Terceira República Francesa) ![]() |
Causa da morte | tuberculose ![]() |
Lugar de sepultura | D. H. Lawrence Ranch (en) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido ![]() |
Educación | Universidade de Nottingham (pt) ![]() Nottingham High School (en) ![]() Universidade de Londres ![]() |
Actividade | |
Ocupación | dramaturgo , novelista , pintor , guionista , poeta , tradutor , escritor , crítico literario ![]() |
Período de actividade | 1907 ![]() |
Xénero artístico | Novela, novela curta, poesía e ensaio ![]() |
Movemento | Literatura moderna (pt) ![]() ![]() |
Influencias | |
Pseudónimo literario | Lawrence H. Davison ![]() |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en |
|
Familia![]() | |
Cónxuxe | Frieda von Richthofen (–1930) |
Pai | Arthur John Lawrence (en) ![]() ![]() |
Irmáns | Lettice Ada Clarke ![]() |
Cronoloxía | |
marzo de 1933-outubro de 1933 | queima de libros na Alemaña nazi ![]() |
Premios | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
David Herbert Lawrence , nado en Eastwood (Nottinghamshire) o 11 de setembro de 1885 e finado en Vence (Provenza) o 2 de marzo de 1930, foi un novelista e poeta inglés, unha das figuras literarias máis influentes e polémicas do século XX.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo dun mineiro de carbón e unha mestra de escola, a disparidade no rango social dos seus pais foi un motivo recorrente nas súas obras. Graduouse na Universidade de Nottingham en 1908 e publicou os seus primeiros poemas na revista English Review en 1909. A súa primeira novela, The white peacock (O pavo real branco) publicouse en 1911 grazas á axuda do seu amigo Ford Madox Ford. Sons and lovers (1913), en gran parte autobiográfica, é a máis significativa das súas primeiras novelas e aborda a vida nun pobo mineiro. En 1912 liscou a Europa con Frieda Weekley, unha aristócrata alemá (irmá do aviador alemán Freiherr Manfred von Richthofen) que estaba casada co seu profesor e coa que casou dous anos despois, cando ela conseguiu o divorcio. A súa intensa, tormentosa e nómade vida en común proporcionoulle material para moitas das súas novelas. The rainbow (O arco da vella, 1915) e Women in love (Mulleres namoradas, 1921) -dúas das súas obras máis polémicas- exploran con franqueza as relacións sexuais e psicolóxicas entre homes e mulleres. The rainbow foi prohibida oficialmente por obscenidade. Neste período tamén escribiu dous libros de poesía, Love Poems and Others (Poemas de amor e outros poemas, 1913) e Look! We have come through! (1917). Durante a primeira guerra mundial Lawrence viviu angustiado en Inglaterra a causa da orixe alemá da súa muller e a súa propia oposición á guerra.
Viaxes e doenzas[editar | editar a fonte]
A tuberculose engadiuse aos seus problemas, e en 1919 empezou unha vida vagabunda sen descanso na busca dun clima máis benigno. As súas viaxes proporcionáronlle os ambientes de varios libros: a rexión italiana de Abruzzi na obra The Lost Girl (A rapaza perdida, 1920), Sea and Sardinia (Sardeña no mar e Sardeña, 1921) e Kangaroo (1923).
Durante as súas estancias en México e Taos, Novo México (1923-1925), The Plumed serpent, (A serpe emplumada 1926), novela que reflicte a súa fascinación pola civilización azteca. A súa poesía máis orixinal, publicada en Birds, Beasts and Flowers (Paxaros, bestas e flores, 1923), emana das súas experiencias coa natureza no suroeste dos Estados Unidos e a rexión mediterránea. A partir de 1926 viviu principalmente en Italia, onde escribiu e reescribiu a súa novela máis famosa, Lady Chatterley's lover (O amante de lady Chatterley, 1928), que trata das relacións sexuais entre unha muller e o criado de seu home, membro da nobreza. En 1932 publicouse unha versión expurgada.
Nos seus máis de corenta libros enxalzou a súa visión dun ser humano completo e natural, oposto á artificialidade da moderna sociedade industrial pola súa deshumanización da vida e do amor. Así a todo, as súas novelas foron malentendidas, atacadas e ata censuradas polo seu aberto tratamento dos temas sexuais.
Obra traducida ao galego[editar | editar a fonte]
- A virxe e o xitano (The Virgin and the Gipsy, 1930), trad. Lara Domínguez Araújo, Ed. Irmás Cartoné, 2018[1].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ficha Arquivado 06 de marzo de 2019 en Wayback Machine. en BiTraGa.