Boadicea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Boudica»)
Para a editorial galega véxase Boadicea Editora.
Infotaula de personaBoadicea

"Boadicea Haranguing the Britons", pintura de John Opie
Nome orixinal(ga) Boudīka
(la) Voadicea Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 30 Editar o valor em Wikidata
Britania
Morte61
Britania
Causa da mortesuicidio, envelenamento Editar o valor em Wikidata
Raíña Icenos
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Cor do peloRubio Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónRaíña dos icenos
Carreira militar
ConflitoRevolta de Boudica Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxePrasutagus

BNE: XX1627901 Find a Grave: 6497 Editar o valor em Wikidata


Boudica ou Boudicca (/ˈbdɪkə, bˈdɪkə/, do britónico *boudi 'vitoria, vitoria' + *-kā 'con sufixo', é dicir, 'Muller vitoriosa', coñecida nas crónicas latínas como Boadicea ou Boudicea, e en galés como Buddug[1]) foi raíña da tribo dos icenos en Britania, que liderou unha sublevación fracasada contra as forzas conquistadoras do Imperio Romano nos anos 60 ou 61 d.C. Considérase unha heroína nacional británica e un símbolo da loita pola xustiza e a independencia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O marido de Boudica Prasutagus, co que tivo dúas fillas, gobernou como un aliado nominalmente independente de Roma. Deixou o seu reino conxuntamente ás súas fillas e ao emperador romano no seu testamento. Cando morreu, os romanos ignoraron a súa vontade, e o reino foi anexionado e as súas propiedades tomadas. Segundo o historiador romano Tácito, Boudica foi azotada e as súas fillas violadas.[2] O historiador Cassius Dio escribiu que as doazóns imperiais anteriores a británicos influentes foron confiscadas e o financeiro e filósofo romano Séneca reclamou os préstamos que impuxera aos brítanicos reticentes.

No ano 60 ou 61, mentres o gobernador romano, Caio Suetonio Paulino, estaba liderando unha campaña na illa de Anglesey na costa noroeste de Gales, Boadicea revelou ós icenos, ós trinovantes e a outras tribos contra o imperio.[3] Destruíron Camulodunum (a moderna Colchester), antiga capital dos trinovantes, que se convertera nunha colonia romana. Os soldados romanos establecéranse e erixiron un templo ó emperador Claudio a expensas dos trinovantes. Oíndo as novas da revolta, Suetonio correu a Londinium (Londres), o foco de comercio que era o próximo obxectivo dos rebeldes. Atopouse con que non tiña soldados suficientes para defender o asentamento, polo que foi evacuado e abandonado. 100.000 homes liderados por Boadicea queimaron e destruíron Londinium e Verulamium (St Albans) e a Legio IX Hispana foi dividida en grupos.[4][5] Estímase que entre 70.000 e 80.000 romanos e bretóns morreron nesas tres cidades.[6] Suetonio, reagrupou ás súas forzas nas Midlands do Oeste e malia a desvantaxe en número, derrotou ós celtas na Batalla de Watling Street.

A crise fixo que o emperador Nerón considerase retirar tódalas forzas romanas de Britania, pero a vitoria de Suetonio sobre Boadicea asegurou o control romano na provincia. Boadicea matouse ela mesma, polo que non puido ser capturada, ou ben caeu enferma e morreu segundo se cite aTácito[7] ou a Casio Dio.[8]

A ausencia de literatura británica nativa a comezos do primeiro milenio significou que os coñecementos sobre a rebelión de Boadicea proceden exclusivamente dos escritos romanos. O interese polos eventos desta historia reviviu durante o renacemento inglés e levou a un rexurdimento da fama de Boadicea durante a época vitoriana, cando a Raíña Vitoria tomouna como o seu homónimo.[9] Boadicea ficou como un importante símbolo cultural no Reino Unido.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Davies, John (1993). A History of Wales. Londres: Penguin. pp. 28. ISBN 0-14-014581-8. 
  2. Tacitus. The Annals. 
  3. Hingley, Richard; Unwin, Christina, Boudica: Iron Age Warrior Queen, Hambledon Continuum; New Ed edition (15 de xuño de 2006), ISBN 978-1-85285-516-1, p.44 e 61
  4. N. Davies, The Isles: A History, 2008, p. 93.
  5. S. Dando-Collins, Legions of Rome: The definitive history of every Roman legion, 2012
  6. Tacitus, Annals 14.33
  7. Tacitus, Agricola 14-16; Annals 14:29-39
  8. Casio Dio, Roman History .html#1 62:1-12
  9. The Gentleman's Magazine. 1854. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]