Articulación radioescafolunar
(Redirección desde «Articulación radio-escafo-lunar»)
A articulación radioescafolunar é unha articulación do membro superior humano, localizada no pulso. A articulación é de tipo condiloide, onde o cóndilo é a parte máis distal ou inferior do óso radio e a cavidade son o óso semilunar e o óso escafoide. Toda a articulación está rodeada por unha cápsula articular, reforzada por catro ligamentos:
- Ligamento radiocarpal anterior.
- Ligamento radiocarpal posterior.
- Ligamento radial externo.
- Ligamento lateral interno do pulso.
Superficies articulares[editar | editar a fonte]
Na parte superior ou proximal, a superficie articular é a superficie inferior da epífise distal do óso radio. Esta superficie artéllase coas superficies superiores do óso semilunar e do óso escafoide, situadas na parte inferior da articulación.
Funcións[editar | editar a fonte]
A articulación permite movementos de flexión, extensión, abdución, adución e circundución. Colabora coas outras articulacións do pulso.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Gray. Anatomy of the human body (en castelán). Edición de 1918 de dominio público.