Premio Álvaro Cunqueiro de narrativa
(Redirección desde «Premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa»)
O premio Álvaro Cunqueiro de narrativa foi un premio literario que convocaban conxuntamente os concellos de Vigo e Mondoñedo.
Creouse no ano 1991 a través dun convenio entre os concellos de Vigo e Mondoñedo. Tivo carácter bianual cunha dotación económica de dous millóns de pesetas. En 2017 levaba anos sen se convocar.[1]
Obra premiada[editar | editar a fonte]
- 1991: Xesús Rábade Paredes, Branca de Loboso.
- 1993: Alfonso Álvarez Cáccamo, Xente de mala morte.
- 1995: Xavier Lama, Os moradores da nada.
- 1997: Marilar Aleixandre, A compañía clandestina de contrapublicidade.
- 2000: Antón Riveiro Coello, Homónima.