Martiño I de Aragón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Martiño I o Humano»)
Infotaula de personaMartiño I de Aragón

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ca) Martí l'Humà Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1356 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Perpiñán Editar o valor em Wikidata
Morte31 de maio de 1410 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (53/54 anos)
Barcelona Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSepulcro de Martiño I de Aragón Editar o valor em Wikidata
Rei de Sicilia
1409 – 31 de maio de 1410
← Martiño o MozoFernando I de Aragón →
Conde de Empúries
1402 (Gregoriano) – 31 de maio de 1410
← Pedro III de EmpúriesFernando I de Aragón →
Xunto con: María de Luna
Monarca da Coroa de Aragón
19 de maio de 1396 – 31 de maio de 1410
← Xoán I de AragónFernando I de Aragón →
Rei de Sardeña
19 de maio de 1396 – 31 de maio de 1410 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCoroa de Aragón Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor em Wikidata
LinguaAragonés medieval, catalán antigo e lingua latina Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei de Aragón
Rei de Córsega
Rei de Sicilia
Ducado de Montblanc
Rei de Sardeña
Rei de Valencia
Rei de Mallorca
Conde de Barcelona Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Aragón e Casa de Barcelona Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMargarida de Prades (1409 (Gregoriano)–)
María de Luna (1372 (Gregoriano)–)
Margarida de Prades
FillosMartiño o Mozo
 () María de Luna Editar o valor em Wikidata
PaisPedro IV de Aragón Editar o valor em Wikidata  e Leonor de Trinacria Editar o valor em Wikidata
IrmánsXoán I de Aragón, Xoana de Aragón e Navarra, Constanza de Aragón e Navarra, Leonor de Aragón e de Sicilia e Isabel de Aragón Editar o valor em Wikidata
ParentesEugénie de Montijo (descendente) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
13 de abril de 1399 (Gregoriano)coroación (Zaragoza) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 160826966 Editar o valor em Wikidata

Martiño I de Aragón, coñecido tamén como Martiño I o Humano ou Martiño o Vello, nado en Xirona en 1356 e finado en Barcelona en 1410, foi rei de Aragón, de Valencia, de Mallorca, de Sardeña e conde de Barcelona entre 1396 e 1410. Igualmente foi rei de Sicilia entre 1409 e 1410.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Segundo fillo de Pedro IV de Aragón, o Cerimonioso, e da súa terceira muller Leonor de Sicilia. O seu pai buscaba casar a Martiño cunha persoa da alta nobreza e de gran riqueza, polo que invalidou un primeiro acordo para que casara con Xoana de Xèrica, e decantouse polos Luna.[1] Así, María de Luna, filla e herdeira de Lope de Luna, o primeiro conde de Luna,[2] e señor de Segorbe, cando aínda non cumprira os 8 anos, foi comprometida en matrimonio co infante Martiño e, tan pronto como cumpriu os 8 anos, foi entregada á raíña Leonor de Sicilia, esposa de Pedro IV, para que fose educada na Corte.

O matrimonio de Martiño e María celebrouse o 13 de xuño de 1372 na Catedral de Barcelona.[1]

Nos últimos anos da vida do seu pai, Martiño mantivo unha posición de moderación en relación co enfrontamento que tiña co seu irmán máis vello, Xoán, o primoxénito,[3] dominado pola súa esposa Violante de Bar, que levaba unha política máis ben francófila,[4] contraria á anglófila que levaba a cabo o Cerimonioso e, en termos xerais, a tradicional da Coroa de Aragón.[5] Co ascenso do seu irmán ao trono en 1387 foi nomeado duque de Montblanc e lugartenente seu. En 1375 falece a súa nai, da que herdará os seus dereitos sobre Sicilia, reino sobre o que reforzará a súa posición cando en 1379 acórdese o matrimonio entre o seu fillo e herdeiro con María de Sicilia que en 1377 herdará o trono siciliano tras a morte do seu pai Frederico III de Sicilia. Dada a minoría de idade de ambos os dous, o matrimonio non se celebrará ata 1390, e Martiño I será nomeado señor e rexente de Sicilia en 1380.

Tras a coroación en Palermo de María de Sicilia e Martiño o Mozo, que recibiu o título de Martiño I de Sicilia, unha facción da nobreza siciliana partidaria dos Anjou rebelouse contra os novos monarcas, o que obrigou a Martiño o Vello a pórse á fronte dunha frota e desprazarse a Sicilia para acabar coa insurrección. Mentres se atopaba inmerso na pacificación da illa, sorprendeulle en 1396 a morte do seu irmán o rei de Aragón Xoán I, e a noticia de que, ao morrer este sen sucesión masculina, a súa esposa María de Luna, que permanecera no Reino de Aragón, reclamara o trono no seu nome.

Ao non acabar coa insurrección siciliana tivo que demorar o seu regreso á Península, polo que sería a súa muller María de Luna, que quedara no Reino de Aragón, polo que a nova raíña tivo que actuar como Lugartenente Xeneral como as accións que tivo que facer fronte ás pretensións sucesorias tanto da viúva de Xoán I, Violante de Bar, que anunciou que esperaba un fillo do rei falecido que sería o seu lexítimo herdeiro, como de Mateo I de Foix, conde de Foix quen, polo seu matrimonio con Xoana de Aragón e Armagnac, filla máis vella do defunto monarca, alegou os seus dereitos ao trono aragonés. Mateo, aproveitando a ausencia de Martiño, tratou de invadir Aragón en 1396, pero María, coa axuda do conde de Urgel, Pedro II, puido frear o ataque; Mateo I de Foix foi detido e a invasión do reino foi un fracaso.

A inestable situación dos seus reinos peninsulares fixo que Martín abandonase Sicilia en 1397. Inmediatamente chamou a Xoán e a Mateo a unha reunión en Barcelona; nela lle foron confiscados todos os dominios ao conde de Foix, é dicir, o Condado de Foix e os viscondados de Bearne e de Castelbon.[6] O 13 de outubro de 1397, Martiño xurou os Foros en Zaragoza, como establecera o seu pai, Pedro IV, sendo coroado como rei na Catedral desta cidade o 13 de abril de 1399. As celebracións fixéronse na Aljafería.

Todo o seu reinado estivo marcado polo Cisma de Occidente que dividía á cristiandade desde 1378. Foi partidario dos papas de Aviñón (a súa muller Mará era parnte do papa Luna), dos que obtivo apoio nas súas pretensións sobre o reino de Sicilia fronte aos Anjou, partidarios dos papas de Roma.

En 1397, cando regresaba de Sicilia para facerse cargo do trono aragonés, entrevistouse en Aviñón co antipapa Benedito XIII, o parente da raíña, coa intención de chegar a solucionar o cisma.

En 1401, á morte do conde de Empúries Pedro III, sen descendencia, Martiño reclamou o condado para a coroa de Aragón, ao ano seguinte doullo a María que, mesmo despois do regreso a Aragón do seu marido, seguía a ser politicamente moi activa.[6]

No ano 1403 o antipapa Benedito XIII, Pedro Martínez de Luna (o papa Luna), que fora elixido papa o 28 de setembro de 1394, encontrábase sitiado no seu Palacio de Aviñon. Martiño, o esposo de María, coas súas tropas, liberouno e levouno san e salvo ao Palacio dos Luna en Peñíscola (Valencia), onde morreu en 1423.

Lanzou dúas cruzadas contra o norte de África en 1398 e 1399.

O seu fillo Martiño I de Sicilia, coa vitoria de San Luís (1409), acabou de someter á nobreza rebelde de Sardeña, expulsando de alí aos xenoveses nese ano. O 25 de xullo dese mesmo ano finou sen descendencia Martiño o Mozo en Cagliari, Reino de Sardeña (da Coroa de Aragón), polo que o seu pai Martiño o Vello foi recoñecido rei de Sicilia como Martiño II de Sicilia, onde reinou tan só un ano (1409-1410).

En xeral foi un reinado de paz exterior, o cal agudizou as loitas entre bandos nobiliarios no interior.

O 29 de decembro de 1406 faleceu a raíña María de Luna que, aínda que lle deu catro fillos (Martiño, Xaime, Xoán e Margarida), todos haberían de morrer antes que o seu pai, polo que Martiño I decidiu contraer segundas nupcias con Margarida de Prades o 17 de setembro de 1408, quen non logrou darlle herdeiro ningún, polo que cando Martiño faleceu en Barcelona o 31 de maio de 1410, o trono quedou sen descendencia lexítima, polo que se abriu un interregno de dous anos no que se disputaron o trono ata seis pretendentes, entre eles o seu neto bastardo Fadrique de Luna, e que habería de solucionarse en 1412 co chamado Compromiso de Caspe que elixiría como o seu sucesor a Fernando de Antequera, membro da dinastía castelá dos Trastámara.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Martiño e María tiveron catro fillos, dos cales só un chegou á idade adulta:[6][7]

Antepasados de Martiño I de Aragón[editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Pedro III de Aragón (=24)
 
 
 
 
 
 
 
8. Xaime II de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Constanza de Sicilia (=25)
 
 
 
 
 
 
 
4. Afonso IV de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Carlos II de Nápoles (=26)
 
 
 
 
 
 
 
9. Branca de Anjou
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. María de Hungría (=27)
 
 
 
 
 
 
 
2. Pedro IV de Aragón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
10. Gombald de Entensa
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
5. Teresa de Entensa
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Sancho, Barón de Antilon
 
 
 
 
 
 
 
11. Constanza de Antilon
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Leonor de Urgel
 
 
 
 
 
 
 
1. Martiño I de Aragón
(Martiño o Vello)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Pedro III de Aragón (=16)
 
 
 
 
 
 
 
12. Frederico III de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Constanza de Sicilia (=17)
 
 
 
 
 
 
 
6. Pedro II de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Carlos II de Nápoles (=18)
 
 
 
 
 
 
 
13. Leonor de Anjou
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. María de Hungría (=19)
 
 
 
 
 
 
 
3. Leonor de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Meinhard, duque de Carintia
 
 
 
 
 
 
 
14. Otón III de Carintia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Isabel de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
7. Isabel de Carintia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Henrique V, duque de Legnica
 
 
 
 
 
 
 
15. Eufemia de Legnica
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Isabel de Kalisz
 
 
 
 
 
 
Predecesor:
Xoán I

Rei de Aragón e de Valencia
Conde de Barcelona

1396-1410
Sucesor:
Fernando I
(en Caspe,1412)
Predecesor:
Martiño I

Rei de Sicilia

1409-1410
Sucesor:
Fernando I
(en Caspe,1412)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Claramunt 2002, p. 222.
  2. ver LOPE de Luna. Señor de Luna en C. LUNA, en ARAGON NOBILITY, en Medieval Lands (en inglés).
  3. Mestre i Campi 1998, p. 658-659.
  4. Vilar & Batlle 1988, p. 188.
  5. Ferrer i Mallol 1978, p. 143.
  6. 6,0 6,1 6,2 Reis de Aragón en Medieval Lands (en inglés).
  7. Casa de Barcelona - xenealoxía Arquivado 05 de outubro de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]