Juan Fernández Merino
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1872 As Pontes de García Rodríguez, España |
Morte | 28 de setembro de 1942 (69/70 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Juan Fernández Merino, nado nas Pontes de García Rodríguez cara a 1872 e finado na Coruña o 28 de setembro de 1942, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Emigrou a América sendo neno. Percorreu o Brasil, o Uruguai e a Arxentina e finalmente fixou a residencia na Habana, onde se dedicou á docencia, foi redactor de La Tierra Gallega e publicou poemas en Galicia e outros periódicos galegos da illa co pseudónimo Fernán Minero. A principios do século XX retornou a Galicia e instalouse na Coruña, traballando como funcionario da Xefatura de obras públicas da provincia. En 1912 estreou na Coruña o apropósito Películas locales, escrito con José Llópiz. Fundou e dirixiu Coruña Cómica e colaborou en Vida Gallega, Galicia Pintoresca[1] e o suplemento literario "Nós. Páxinas gallegas do diario da Cruña El Noroeste". En 1918 acadou un premio en Lugo co poema "¡Galicia!". O 28 de agosto de 1919 estreou na Coruña Xan da Cruña e o 12 de marzo do ano seguinte o poema simbólico Dorinda Galicia, que despois retocou e aumentou converténdoo en drama. Publicou un relato en El Eco de Galicia de Buenos Aires, titulado "Os olláparos da corte" e dous textos en El Eco de Galicia da Habana, "A terra dos porcos" e "¡¡Reerguervos!!! Fala un labrego da Cruña".
Finou na Coruña o 28 de setembro de 1942 con 70 anos.[2]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Mercedes López Domínguez en 1912.[3].
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Narradores ocasionais do século XIX (Relato breve) (PDF). Santiago de Compostela: CIRP. 2003. pp. 111–112. ISBN 84-453-3736-X. Consultado o 6/11/2013.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.