Antonio del Villar
Biografía | |
---|---|
Datos persoais | |
Residencia | Redondela |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escultor |
Antonio del Villar foi un escultor barroco galego, veciño de Redondela.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Viviu entre finais do século XVII e a primeira metade do século XVIII.[1]
O retablo da Expectación da catedral de Tui é atribuído a este artista, e foi realizado a partir de 1722 por encargo do bispo Fernando Ignacio Arango Queipo. A obra foi rematada en 1728.[1]
Tamén realizou os retablos da igrexa de Santiago de Borbén (Pazos de Borbén), datado en 1725, o retablo maior da Igrexa de Santa María de Baiona, datado en 1726, o retablo da Capela de Santa Liberata de Baiona, datado en 1738, a imaxe de Santiago da igrexa parroquial de Borbén, datada en 1740, e o retablo maior da igrexa de San Domingos de Tui, que foi contratado en 1742.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 “Villar, Antonio del”, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Villar, Antonio del". Enciclopedia Galega Universal 16. Ir Indo. 1999-2002. p. 390. ISBN 84-7680-288-9.
- Álvarez Fernández, Dolores (1995). Antonio del Villar, retablista. Espacio, tiempo y forma (en castelán) (UNED). pp. 167–189. ISSN 1130-4715.
- Iglesias Almeida, Ernesto (2001). Antonio del Villar, un artista redondelán do século XVIII. Xunta de Galicia. ISBN 84-453-3074-8.
- Singul Lorenzo, Francisco (2004). "Antonio del Villar". Artistas galegos escultores: séculos XVIII e XIX. Nova Galicia Edicións. pp. 180–207. ISBN 84-96293-43-2.