Ensinantes de Ciencias de Galicia
Ensinantes de Ciencias de Galicia | |
---|---|
Tipo | asociación profesional |
Data de fundación | 1988 |
Sede | Lugo |
País | Galicia |
Na rede | |
https://enciga.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA) é unha asociación galega de profesores de ciencias.
Historia[editar | editar a fonte]
Naceu no IES Alfredo Brañas de Carballo no ano 1988, sendo unha das máis antigas sociedades de profesores de España. É membro da Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM), e do Consello Internacional de Asociacións para o Ensino das Ciencias (ICASE). Desenvolve como principal actividade un congreso anual no que se tratan temas de ensino das materias científicas e outros relacionados. Tamén edita unha revista societaria de nome Boletín das Ciencias dos que se levan editados máis de setenta números. Así mesmo promove charlas, conferencias e debates en prol do ensino científico.
Dentro dos actos conmemorativos do vixésimo aniversario da Asociación en 2008, deu unha conferencia en Carballo o premio Nobel de Química, Richard R. Ernst.
Presidentes de ENCIGA[editar | editar a fonte]
- Frutos Fernández González (1988-1993)
- Comisión xestora presidida por Paulino Estévez Alonso (1993)
- José Mendoza Rodríguez (1993-2001)
- Comisión xestora presidida por Paulino Estévez Alonso (2001-2002)
- José Manuel Facal Díaz (2002-2008)
- Comisión xestora presidida por Paulino Estévez Alonso (2008-2009)
- Paulino Estévez Alonso (2009-2018)
- María Inés García Seijo (2018- )
Congreso[editar | editar a fonte]
O congreso de ENCIGA ten unha periodicidade anual e desenvólvese durante tres días, de xoves a sábado, do mes de novembro (agás o segundo congreso que foi en outubro) en vilas e cidades galegas. Durante o congreso teñen lugar tres conferencias plenarias, unha por día de congreso, comunicacións, obradoiros, táboas redondas, exposicións e carteis. A mañá dos venres adícase a excursións e visitas guiadas a lugares ou empresas da zona de interese turístico ou científico. A organización do congreso corre a cargo dun comité organizador formado pola directiva da asociación e un número variábel de profesores dun centro educativo da localidade onde ten lugar. Dito centro é a sede da maioría das actividades do congreso. Esta norma só se viu alterada no vixésimo congreso onde a organización correu a cargo da directiva do momento, realizándose as actividades nun hotel de Sanxenxo.
A sede vai rotando entre as catro provincias. Só nunha ocasión, e grazas ao interese da directiva do momento por cumprimentar aos socios portugueses da Asociación, o congreso tivo lugar en Portugal, concretamente en Póvoa de Varzim no 2006.
Congresos realizados[editar | editar a fonte]
- Betanzos, 1988
- Ribadavia, 1989
- Monforte de Lemos, 1990
- Tui, 1991
- Carballo, 1992
- Ourense, 1993
- Lugo, 1994
- Pontevedra, 1995
- Cee, 1996
- Santiago de Compostela, 1997
- O Barco de Valdeorras, 1998
- Gondomar, 1999
- Noia, 2000
- Chantada, 2001
- Verín, 2002
- Cangas, 2003
- Ribeira, 2004
- Ribadeo, 2005
- Póvoa de Varzim, 2006
- Sanxenxo, 2007
- O Carballiño, 2008
- Silleda, 2009
- Narón, 2010
- A Fonsagrada, 2011
- Santiago de Compostela, 2012
- Ourense, 2013
- Moaña, 2014
- Sarria, 2015
- Negreira, 2016
- Allariz, 2017
- Lalín, 2018
- Viveiro, 2019[1]
- Modalidade en rede, 2020
- Modalidade en rede, 2021
- Ponteceso, 2022
Publicacións[editar | editar a fonte]
O Boletín das Ciencias é a revista da sociedade. A súa tirada é variábel, sendo o máis habitual que saian tres ou catro números anuais. O do mes de novembro é un número especial que recolle todas as actividades que se desenvolven no congreso anual.
Co gallo da catástrofe do Prestige iniciouse unha serie de números monográficos sobre temas polémicos ou de actualidade, sempre desde unha visión científica e didáctica.
Boletíns monográficos[editar | editar a fonte]
- Prestige. Maio 2003, nº 52
- Incendios forestais. Xuño 2006, nº 60
- Cambio climático. Xuño 2007, nº 63
- Mendeleev. Marzo 2009, nº 67
- Física. Xullo 2010, nº 70
- Antonio Casares. Outubro 2012, nº 75
- Táboa periódica dos elementos. Xullo 2019, nº 87
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Presentación do XXXII Congreso de ENCIGA". enciga.org. Consultado o 2019-11-21.