Carlos I de Romanía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Carol I»)
Infotaula de personaCarlos I de Romanía

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ro) Carol I
(ro) Carol I al României Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de abril de 1839 Editar o valor em Wikidata
Sigmaringen (Hohenzollern-Sigmaringen) Editar o valor em Wikidata
Morte10 de outubro de 1914 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Castelo de Peleș (Romanía) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Curtea de Argeș (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lista de reis da Romênia (pt) Traducir
26 de marzo de 1881 – 10 de outubro de 1914
← sen valor – Fernando I de Romanía →
Príncipe da Romênia (pt) Traducir
10 de maio de 1866 – 10 de maio de 1881
← Alexandru Ioan CuzaSupresión do cargo → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Alemán
Principados Unidos (pt) Traducir
Reino de Romanía Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia de Guerra Prussiana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Bucarest Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmilitar , coleccionista de arte Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá e lingua romanesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarMariscal de Campo Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloPríncipe do Sacro Império Romano-Germânico (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Hohenzollern-Sigmaringen (pt) Traducir e House of Hohenzollern-Sigmaringen (Romania) (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeIsabel de Wied (1869–)
FillosMaria da Roménia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisCarlos Antônio de Hohenzollern-Sigmaringen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Josefina de Baden (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsLeopoldo de Hohenzollern-Sigmaringen, Estefanía de Hohenzollern-Sigmaringen, Prince Anton of Hohenzollern-Sigmaringen (en) Traducir, Frederico de Hohenzollern-Sigmaringen (pt) Traducir e Maria Luísa de Hohenzollern-Sigmaringen (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Hohenzollern-Sigmaringen-13 Find a Grave: 7989372 Editar o valor em Wikidata

Carol I de Romanía, nado o 20 de abril de 1839 e finado o 10 de outubro de 1914, foi un príncipe alemán, elixido Domnitor ou príncipe de Romanía en abril de 1866 tralo derrocamento de Alexandru Ioan Cuza (Alexandre Xoán Cuza), e rei o 26 de marzo de 1881. Foi o primeiro rei da dinastía Hohenzollern-Sigmaringen, que gobernaría o país até a proclamación da república en 1947.

Durante o seu reinado dirixiu persoalmente as tropas romanesas na Guerra Ruso-Turca, tomando o mando das tropas ruso-romanesas no sitio de Pleven. Grazas a esta guerra Romanía logrou plena autonomía do Imperio Otomán (Tratado de Berlín de 1878). Entón Romanía viuse obrigada a renunciar a favor do Imperio Ruso aos tres distritos do sur de Besarabia, mais recibiu en troques o norte de Dobruia. Ampliou o seu territorio ao adquirir o sur de Dobruia de Bulgaria en 1913. A vida política interna, aínda dominada polas grandes familias de terratenentes, organizados nos partidos rivais Liberal e Conservador, foi marcada por dous levantamentos campesiños: un no sur de Valaquia, en abril de 1888, e outro no norte de Moldavia, en marzo de 1907.

Casou con Isabel de Wied en 1869, da que tivo unha filla, María, morta con apenas tres anos.

A falta de descendencia directa de Carlos deixaba ao seu irmán Leopoldo sucesor ao trono. En outubro de 1880 Leopoldo rexeitou o seu dereito a favor do seu fillo Guillerme, quen á súa vez rexeitou oito anos despois a favor do seu irmán máis novo, o futuro rei Fernando.

A primeira guerra mundial[editar | editar a fonte]

Monograma.
Enterro do rei.

Coa tensión crecente tralo asasinato do herdeiro ao trono austrohúngaro pola intención cada vez máis clara de Austria-Hungría de utilizar este como escusa para axustar contas con Serbia, Carlos atopouse nunha posición cada vez máis complicada.[1] As súas preferencias persoais e unha longa alianza secreta (Tripla Alianza), debida á antipatía cara a Rusia, ligaban ao país aos Imperios Centrais.[1] Durante a década anterior a 1914, con todo, este sentimento antirruso quedara relegado ante a sensación de hostilidade cara a Austria-Hungría, que defendera a postura búlgara durante as Guerras dos Balcáns e contiña unha abundante minoría romanesa discriminada en Transilvania.[2]

No crucial consello real do 3 de agosto de 1914 foi practicamente o único en defender a declaración de guerra a Rusia, mentres todos menos un dos membros da reunión defendían o mantemento da neutralidade romanesa na guerra.[2] Carlos aceptou case sen resistencia a postura do consello.[2] Declarou aos representantes austrohúngaros e alemáns que el permanecía fiel á alianza pero que non podía desenvaiñar a espada en contra do parecer do pobo. Para entón Carlos estaba enfermo de morte e sufría constantes presións da súa familia e achegados para declarar a guerra a Rusia, mentres que os responsables políticos avogaban cada vez máis forte por atacar Austria-Hungría.[3]

En setembro, cando a axitación a favor da entrada de Romanía na guerra ao lado da Entente chegou ao máximo, solicitou secretamente a Alemaña que azuase a Bulgaria a ameazar a Romanía para arrefriar os ánimos dos belicistas.[3] Anteriormente solicitara a cesión de parte da Bucovina e reformas internas en Transilvania para tranquilizar á opinión pública romanesa, sen éxito.[3] Pesimista ante a situación, chegou a suscitarse a abdicación e o exilio, pero non chegou a poñelos en práctica.[3]

Carlos morreu o 10 de outubro de 1914, facilitando a posterior entrada en guerra de Romanía ao lado da Entente xa que o novo rei, Fernando I, inexperto e indeciso, deixou a política exterior do país en mans do primeiro ministro profrancés, Ion I. C. Brătianu.[4]

Distincións honoríficas[editar | editar a fonte]

  • Soberano Gran Mestre da Orde da Estrela de Romanía (Reino de Romanía, 22/05/1866).
  • Soberano Gran Mestre (e fundador) da Orde da Coroa (Reino de Romanía, 14/03/1881).
  • Soberano Gran Mestre (e fundador) da Orde de Carol I (Reino de Romanía, 10/05/1906).
  • Cabaleiro da Suprema Orde da Santísima Anunciación (Reino de Italia, 1878).
  • Cabaleiro Gran Cruz da Orde dos Santos Mauricio e Lázaro (Reino de Italia, 1878).
  • Cabaleiro Gran Cruz da Orde da Coroa de Italia (Reino de Italia, 1878).
  • Cabaleiro de II Clase da Orde de San Xurxo (Imperio Ruso).
  • Cabaleiro Gran Cruz da Orde de Luis (Gran Ducado de Hesse-Darmstadt).
  • Cruz ao Mérito Militar de I Clase (Imperio Austrohúngaro).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Torrey, Glenn L. (1998). Romania and World War I (en inglés). Center for Romanian Studies. p. 400. ISBN 9789739839167. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Alexandru Ioan Cuza
Rei de Romanía
1866-1914
Sucesor:
Fernando I