Concello de Boxholm
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Östergötland | ||||
Capital | Boxholm (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.503 (2024) (9,11 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 603,87 km² | ||||
Altitude | 164 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971: (Reforma municipal sueca de 1971) | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | boxholm.se | ||||
Boxholm é un concello sueco (kommun) do condado de Östergötland.[1] A súa capital é Boxholm. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 5 509 habitantes.[2]
A maior parte do concello forma parte da meseta do sur de Suecia. Porén, a paisaxe transita cara a unha zona de transición estreita ao norte da capital, que separa a meseta de Östgötaslätten da área forestal. O concello construíuse ao redor da fábrica de Boxholm, pero a empresa dividiuse a principios da década de 1980. A principios da década de 2020 o 37% da poboación traballaba na industria manufactureira.
A tendencia de poboación foi negativa ata mediados do década de 2010, e posteriormente o número de habitantes aumentou. Tras as eleccións de 2014 e 2018 o concello foi gobernado polo Partido Socialdemócrata.
Xeografía[editar | editar a fonte]
O concello está situado no sueste do landskap de Östergötland. Limita ao oeste cos concellos de Tranås e Ödeshög, ao norte e ao nordés co de Mjölby, ao leste cos de Linköping e Kinda, e ao sur co de Ydre.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-15.
- ↑ "Folkmängd i riket, län och kommuner 31 mars 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 31 mars 2022. Totalt". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-08-25.