José Piñeiro González
Estatua do aviador Piñeiro en Sanxenxo. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de decembro de 1878 Mugardos, España |
Morte | 3 de febreiro de 1927 (48 anos) |
Lugar de sepultura | cemiterio de Boisaca |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | Piloto |
Lingua | Lingua castelá |
José Piñeiro González, coñecido como Aviador Piñeiro, nado en Mugardos o 15 de decembro de 1878 e finado en Santiago de Compostela o 3 de febreiro de 1927, foi un aviador galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou para maquinista mercante e despois instalouse en Sanxenxo onde montou unha fábrica de gasosas. En 1911 asistiu a unha exhibición de aviación nas festas da Peregrina en Pontevedra e decidiu vender a fábrica para marchar a Francia e formarse como piloto. Realizou as primeiras acrobacias en Ferrol o 6 de maio de 1913 durante a botadura do acoirazado Afonso XIII. Convidado pola colectividade galega da Arxentina e Cuba, realizou voos acrobáticos nos que incluíu o salto da morte. En decembro de 1914 realizou o primeiro voo invertido (looping the loop) en Cuba. De volta en España, tomou parte en varios concursos ata a súa retirada en 1921. Chegou a ser alcalde de Sanxenxo.
Realizou os seus voos acrobáticos cun avión de só 50 CV de potencia. Foi famosa a súa acrobacia denominada "O voo da gaivota", consistente en tocar cunha á o mar e volver levantar o voo.
Con el voou Elisa Patiño Meléndez, considerada a primeira galega piloto[1].
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
-
Monumento ao aviador Piñeiro.
-
Estatua do aviador Piñeiro.
-
Placa Rúa Aviador Piñeiro en Ferrol.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Chichana Patiño, el hada de Piñeiro", artigo de Milagros Bará en Diario de Pontevedra, 4 de maio de 2016 (en castelán).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Biografía na Buxaina, revista dixital do Departamento de Ciencias do IES Francisco Asorey.
- Noticia en La Voz de Galicia