Arturo Reguera
(Redirección desde «Arturo Reguera López»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1945 (78/79 anos) Lugo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | catedrático , editor |
Arturo Reguera López, nado en Lugo en 1945, é un profesor e editor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudante na Universidade de Santiago de Compostela, foi sancionado coa perda de curso en 1968.[1] Licenciado en Ciencias económicas. Foi profesor de Informática no Instituto San Clemente de Santiago de Compostela ata a súa xubilación en 2011. Foi coordinador da Gran Enciclopedia Gallega e director da Editorial Sálvora. Dirixiu o proxecto do Atlas de Galicia (1982), bilingüe, de Ediciones NOS. En 2016 editou o libro Castrelo de Miño, loita, represión, espolio, desastre ecolóxico, desastre humano. Vive en Grândola (Portugal).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 29-3-1968, p. 7.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Alonso Montero, Xesús (17/2/2017). "Arturo Reguera, cervantista" La Voz de Galicia
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 701. ISBN 84-7492-465-0.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Sobre Arturo Reguera ourense-natural.es.
- "Sen Castrelo de Miño, toda a comarca do Ribeiro e a produción de viño quedaron feridas" (11/6/2016). Praza.gal.