Tucho Perete
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1951 Cangas, España |
Morte | 13 de maio de 2019 (67/68 anos) Cangas, España |
Alcalde de Cangas | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Antonio González Molanes, coñecido como Tucho Perete, nado en Cangas cara a 1951 e finado no mesmo concello o 13 de maio de 2019, foi un músico galego que foi alcalde de Cangas.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
A partir dos 14 anos iniciouse na música. Tocou en orquestras como Los seis de Galicia ou Acuarela. Traballou na sucursal de Banesto de Cangas.
Elixido concelleiro polo PCG nas primeiras eleccións municipais logo do franquismo, en 1982 substituíu a Chimé Chapela á fronte da alcaldía e co apoio dunha coalición de goberno onde estaba o Unidade Galega, o BN-PG e o PSOE.
En 1986 iniciou a súa aprendizaxe na música coral. Foi director de varias corais de ámbito local, como o Coro San Xosé (desde 1991) a Coral Queixumes de Hio e a Coral de Santiago Apóstol de Cangas. Tamén se dedicou a dar clase de música e en especial de guitarra, en centros de ensino e de forma privada. Finou en Cangas o 13 de maio de 2019.[1]
Predecesor: José Chapela González |
Alcalde de Cangas 1982 - 1983 |
Sucesor: Lois Pena Viéitez |