Lingua akawaio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Akawaio»)
Akawaio
Falado en: Güiana, Brasil, Venezuela
Rexións: Cuyuni-Mazaruni, Roraima, Bolívar
Total de falantes: 6481
Familia: Linguas caribes
 Akawaio
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: ake
Mapa
Status

O akawaio é unha lingua caribe. Ten 6481 falantes distribuídos en Güiana (4500), Venezuela (811)[1] e o Brasil (1170).[2]

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

En Güiana fálase na rexión centro occidental, nas bacías do alto río Mazanurí e dos seus afluentes Potaro, Ireng e Cotingo. No Brasil fálase en Roraima, aquí a lingua recibe o nome de ingarikó. En Venezuela vive unha comunidade que chegou en 1969, trala rebelión de Rupununi, actualmente localizados en San Martín del Turumbán e algúns casaríos dispersos no Estado Bolívar.

Usos sociais[editar | editar a fonte]

Os lingüistas da Universidade Rice Spike Gildea e Desrey Fox desenvolveron unha ortografía para a lingua,[3] que empregan as comunidades da Güiana, aínda que xa antes os misioneiros desenvolveron formas escritas da lingua e en 1873 traduciron partes da Biblia ao akawaio.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Catherine Alès et al. (2003). Caminos cruzados: ensayos en antropología social, etnoecología y etnoeducación. IRD éditions, p. 480.
  2. Pobos Indíxenas no Brasil
  3. Masayoshi Shibatani (2002). The Grammar of Causation and Interpersonal Manipulation. John Benjamins Publishing Company, p. 369.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]