Francisco Simón Calvet
Simón | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Francisco Simón Calvet | ||
Nacemento | 11 de outubro de 1917 | ||
Lugar de nacemento | Barcelona | ||
Falecemento | 7 de febreiro de 1978 | ||
Lugar de falecemento | As Pontes de García Rodríguez | ||
Altura | 1,67 m. | ||
Posición | Porteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1941–1946 | Deportivo da Coruña | 6 | (0) |
1945–1954 | Celta de Vigo | 152 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Francisco Simón Calvet, coñecido como Simón, nado en Barcelona o 11 de outubro de 1917 e finado o 7 de febreiro de 1978, foi un futbolista catalán. Xogaba de porteiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Co gallo do servizo militar que o levou a Galiza, fichou polo Deportivo da Coruña no ano 1940. Na tempada 1941–42 formou parte do cadro de xogadores do Deportivo da Coruña que fixo a súa estrea en Primeira División, mais sendo o suplente de Juan Acuña e sen xogar ningún partido. O seu debut na máxima categoría produciuse na tempada 1942–43, nun partido a domicilio contra o Real Oviedo que rematou en empate (1–1). Nesta campaña, así como nas seguintes, foi o suplente de Acuña.
Na tempada 1945–46, co Deportivo en Segunda División logo de descender a campaña anterior, firmou polo Celta de Vigo por un prezo de 60.000 pesetas máis a cesión de Bermejo. Debutou na xornada 12, nunha vitoria a domicilio sobre o Hércules CF (1–4), substituíndo o meta Gonzalo Marzá e quedando Simón coa titularidade para as seguintes campañas.
A gran tempada do Celta e de Simón foi a 1947-48, na que o equipo rematou o campionato ligueiro en cuarta posición e acadou o subcampionato da Copa de España. Perdeu a final copeira ante o Sevilla FC tras unha agónica semifinal ante o RCD Espanyol que precisou de dous partidos de desempate a mesma semana da final. Na final de Copa o porteiro tívose que retirar lesionado tras un golpe no segundo gol do Sevilla, quedando o Celta con dez xogadores ao non permitir as substitucións o regulamento da época e tendo que ocupar a posición de gardameta o central Gabriel Alonso. O encontro remataou 4-1, cun Celta que acabou con 9 xogadores tras a expulsión de Pahiño.
Permaneceu no Celta até a campaña 1953–54, xogando dous partidos nese ano. Retirou do fútbol con case corenta anos para ir vivir ás Pontes.