Prestige: Diferenzas entre revisións
imaxe da ESA |
m organización |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
==Introducción== |
|||
O [[13]] de [[novembro]] de [[2002]] comezou a maior [[catástrofe]] [[medio ambiente|ambiental]] que ata o momento teña sacudido a costa galega: o afundimento e posterior verquido de milleiros de toneladas de fuel-oil por parte do petroleiro "Prestige". |

Liña 5: | Liña 6: | ||
Non se descubriu un responsable direito deste accidente. As investigacións amosaron a falla de medidas de seguridade na costa atlántica. |
Non se descubriu un responsable direito deste accidente. As investigacións amosaron a falla de medidas de seguridade na costa atlántica. |
||
==Día a día== |
|||
O 13 de novembro de 2002 un dos tanques do barco explotou durante unha tormenta na Galiza. Derramáronse 5.000 toneladas de fuel-oil. |
O 13 de novembro de 2002 un dos tanques do barco explotou durante unha tormenta na Galiza. Derramáronse 5.000 toneladas de fuel-oil. |
||
Revisión como estaba o 9 de novembro de 2004 ás 21:42
Introducción
O 13 de novembro de 2002 comezou a maior catástrofe ambiental que ata o momento teña sacudido a costa galega: o afundimento e posterior verquido de milleiros de toneladas de fuel-oil por parte do petroleiro "Prestige".
O Prestige foi un petroleiro monocasco, que afundiu fronte ás costas galegas produciu unha inmensa maré negra, que afectou a unha ampla zona compreendida dende o norte de Portugal ata as Landas de Francia, tendo especial incidencia na Galiza.
Non se descubriu un responsable direito deste accidente. As investigacións amosaron a falla de medidas de seguridade na costa atlántica.
Día a día
O 13 de novembro de 2002 un dos tanques do barco explotou durante unha tormenta na Galiza. Derramáronse 5.000 toneladas de fuel-oil.
O capitán grego do Prestige, Apostolos Mangouras, foi detido e acusado de non cooperar cos equipos de salvamento durante o naufraxio e de dañar o meio ambiente.
O 19 de novembro o barco partiuse en dous ás 8 da mañán, a uns 250 km da costa, provocando as primeiras manchas negras.
O 1 de decembro, 200.000 persoas manifestáronse en Santiago de Compostela co lema "Nunca máis". Tamén chegou o batiscafo francés "Nautile" á zona do afundimento.
O Presidente da Xunta de Galiza, Manuel Fraga, asegurou que o afundimento non tería efeitos sobre o meio ambiente. O 10 de decembro o Presidente do Governo, José María Aznar, dixo que o executivo cometera "erros de apreciación".
A parte afectada da costa non só ten unha importancia ecolóxica (como no caso das Rías Baixas), ten tamén unha notable industria pesqueira.
O 2 de xaneiro de 2003, as manchas de fuel estaban a 50 quilómetros da costa. O Primeiro Ministro francés prometeu 50 millóns de euros para a limpeza.
Fotos
Foto tomada pola ESA da derrota do verquido (tomada de [1]):
Ficheiro:ASAWSM1PXPDE0211171.jpg