Xabier Deive
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de maio de 1970 (54 anos) Narón |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | actor |
Lingua | Lingua galega |
Xabier Deive, nado en Narón o 14 de maio de 1970, é un actor galego que conta cunha ampla experiencia interpretativa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Ten traballado en multitude de curtametraxes a longas entre as que destacan as recentes En teoría (2006), de Lídia Fraga, xunto con Ernesto Chao e O menor dos males (2007), de Antonio Hernández, con Carmen Maura, Roberto Álvarez e Antonio Durán "Morris" entre outros.
En teatro participou en espectáculos coas compañías Caroza Teatro, Teatro Maltés, Ollomoltranvía, Galería Cía de Teatro e Uvegá Teatro.
No medio televisivo destaca o seu papel n' A vida por diante, aínda que tamén colaborou con aparicións episódicas noutras series galegas como Mareas vivas, Galicia Express ou Pratos combinados.
Filmografía[editar | editar a fonte]
Longametraxes[editar | editar a fonte]
- Jalisco (2001), de Francisco Piñeiro.
- En teoría (2006), de Lídia Fraga.
- O menor dos males (2007), de Antonio Hernández.
- Las altas presiones (2014), de Ángel Santos.
- Palmeras en la nieve (2017)
- As Neves (2024), de Sonia Méndez
Curtametraxes[editar | editar a fonte]
- La Mercería (Ana Rivero, 2000).
- A Subela (Luis Avilés, 2002).
- O derradeiro grolo (Olaia Piñeiro, 2003).
- Septiembre (los amores jóvenes) (Ángel Santos, 2004).
- Lobos (Dani de la Torre, 2004).
- Mártires (Marcos Nine e Xosé Zapata, 2005).
- Boa viaxe (Carlos Alonso Veloso, 2005).
- Servizo a domicilio (Jorge Saavedra Mancebo, 2005).
- La ola (Javier García, 2006).
- Bos días (Dani de la Torre, 2006).
- Cicatrices (Jairo Iglesias, 2005).
Televisión[editar | editar a fonte]
- O Faro: O reencontro (2023) TVG. Como Carlos.
- A lei de Santos (2020-) TVG. Como Pancho.
- Néboa (2020). Como Gonzalo. La 1.
- Vivir sin permiso (2020) Telecinco
- O final do camino (2017)
- El Ministerio del Tiempo (2016) La 1
- Águila Roja (2015) La 1
- Serramoura (2014-2020) TVG. Como Pancho.
- Piratas (2011) Telecinco
- Matalobos (2009-2011) TVG. Como Diego Dourado Fontán.
- Os Atlánticos (2008) TVG
- A vida por diante (2006-2007) TVG
- As leis de Celavella TVG
- Galicia Exprés TVG
- Mareas vivas TVG
- Pratos combinados TVG
Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]
Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]
Ano | Categoría | Título | Resultado |
---|---|---|---|
2006 | Mellor actor | A vida por diante | Nomeado |
2007 | Mellor actor secundario | A vida por diante | Nomeado |
2009 | Mellor actor secundario | Matalobos | Nomeado |
2011 | Mellor actor secundario | Matalobos | Nomeado |
Premios María Casares[editar | editar a fonte]
Ano | Categoría | Título | Resultado |
---|---|---|---|
2013 | Mellor actor protagonista | Gaivotas subterráneas | Nomeado |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xabier Deive |