William Beckford
William Beckford | |
Nome orixinal | William Thomas Beckford |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de outubro de 1760 Londres, Inglaterra |
Morte | 2 de maio de 1844
(83 anos) Bath, Somerset, Inglaterra |
Lugar de sepultura | Lansdown Cemetery (en) |
Membro do 4º Parlamento do Reino Unido | |
Lexislatura: 4º Parlamento do Reino Unido (pt) | |
Membro do 6º Parlamento do Reino Unido | |
Lexislatura: 6º Parlamento do Reino Unido (pt) | |
Member of the 16th Parliament of Great Britain (en) | |
Membro do 5º Parlamento do Reino Unido | |
Lexislatura: 5º Parlamento do Reino Unido (pt) | |
Membro do 3º Parlamento do Reino Unido | |
Lexislatura: 3º Parlamento do Reino Unido (pt) | |
Member of the 17th Parliament of Great Britain (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | inglesa |
Actividade | |
Lugar de traballo | Londres |
Ocupación | escritor, coleccionista de arte e político |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables Vathek (c. 1781); Memoirs of Extraordinary Painters (1780); Letters from Italy with Sketches of Spain and Portugal (1835) | |
Familia | |
Cónxuxe | Margaret Gordon (1783–) |
Fillos | Susan Euphemia Beckford (pt) , Margaret Beckford (en) |
Pais | William, the elder Beckford (pt) e Maria Hamilton (en) |
Irmáns | Elizabeth Hervey |
William Thomas Beckford, nado o 1 de outubro de 1760 e finado o 2 de maio de 1844, foi un novelista, crítico de arte e político inglés. Foi membro do Parlamento de 1784 ata 1790 por Wells[1], e por Hindon de 1790 ata 1795 e de novo entre 1806 e 1820.[2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Beckford naceu na mansión familiar en Soho Square 22[3]. Cando tiña dez anos herdou unha importante fortuna do seu pai William Beckford que consistía nun millón de libras en metálico, terras en Fonthill en Wiltshire e varias plantacións de azucre en Xamaica. Esta seguridade económica permitiulle desenvolver o seu interese na arte e na arquitectura, así como tamén escribir, mesmo recibiu clases de Wolfgang Amadeus Mozart.
En 1783 casou con filla do conde de Aboyne, Margaret Gordon, aínda que Beckford era bisexual e tras ser acusado de seducir a William Courtenay, fillo do conde de Devon, tivo que se exiliar acompañado da súa dona. En 1786 publicou a súa obra máis coñecida, a novela gótica Vathek (1786), escrita orixinalmente en francés uns anos antes. Os seus outros escritos máis coñecidos son Memoirs of Extraordinary Painters (1780), unha obra satírica, e Letters from Italy with Sketches of Spain and Portugal (1835), un libro de viaxes. En 1793 visitou Portugal, vivindo alí durante un tempo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "The House of Commons. Constituences Beginning whith W" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2009. Consultado o 14 de setembro do 2017.
- ↑ "The House of Commons. Constituences Beginning whith H" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2012. Consultado o 14 de setembro do 2017.
- ↑ "Soho Square Area: Portland Estate, No. 22 Soho Square" (en inglés). Consultado o 14 de setembro do 2017.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre: William Thomas Beckford |
- Beckfordiana: The William Beckford Website
- O seu obituario, Bath and Cheltenham Gazette, p. 3
- Edición online de Vathek
- A Visit to Fonthill