Wikipedia:Máquina do tempo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á máquina do tempo da Galipedia.

Estes son os temas dos que falabamos na portada, hai dez anos.
 

Manuel Fraga Iribarne, nado en Vilalba o 23 de novembro de 1922 e finado en Madrid o 15 de xaneiro de 2012, foi un político galego. Foi Ministro de Información e Turismo, embaixador en Londres, Ministro de Gobernación, Vicepresidente Segundo do Goberno de España, presidente de Alianza Popular, presidente do Partido Popular e terceiro Presidente da Xunta de Galicia dende o 5 de febreiro de 1990 ata o 29 de xullo do 2005, o presidente que ocupou o pazo de Raxoi durante máis anos.

Nova Zelandia (en inglésNew Zealand; en maoríAotearoa) é un país insular de Oceanía que se localiza no suroeste do océano Pacífico, formado por dúas grandes illas: a Illa Norte e a Illa Sur, xunto a outras moitas illas menores, destacándose entre elas a Illa Stewart e as Illas Chatham. O Reino de Nova Zelandia tamén inclúe ás Illas Cook e Niue (estados autónomos en libre asociación) e a Toquelau.

Nova Zelandia, notable polo seu illamento xeográfico, está situada preto de 2000 quilómetros ao sueste de Australia no mar de Tasmania, e os seus veciños máis próximos ao norte son Nova Caledonia, Fidxi e Tonga. Debido a este longo illamento, no país desenvolveuse unha fauna endémica dominada polas aves, moitas das cales se extinguiron logo da chegada dos humanos e os mamíferos que introduciron sen ningún control. A maior parte da poboación neozelandesa é de ascendencia europea; os indíxenas maorís son a minoría máis numerosa. Os asiáticos e os polinesios tamén son minorías significativas, especialmente nas zonas urbanas. Aínda que ten tres idiomas oficiais, o máis falado con diferenza é o inglés.

Filamento de tungsteno ardendo cunha chama nunha bombilla.
Vexa o artigo electricidade.
Norman Foster en 2006
Norman Foster en 2006


Vexa máis efemérides do día de hoxe