Westland Wessex

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Westland Wessex
Tipohelicóptero
FabricanteWestland Aircraft
Westland Helicopters
Primeiro voo20 de xuño de 1958
Introducido1961
Principais usuariosRoyal Navy
Royal Air Force
Royal Australian Navy
Aviación Naval do Uruguai
Produción1958 - 1970
Unidades construídas382

O Westland Wessex é un desenvolvemento do Sikorsky H-34 propulsado por turbinas de construción británica. Foi desenvolvido e producido baixo licenza por Westland Aircraft (despois Westland Helicopters). Un dos principais cambios con respecto ao H-34 foi a substitución do motor de pistóns por un motor turboeixo. Os primeiros modelos estaban impulsados por un único Napier Gazelle, mentres que as aeronaves posteriores usaban un par de motores de Havilland Gnome.

O Wessex foi inicialmente producido para a Royal Navy (RN) e despois para a Royal Air Force (RAF). Tamén se fabricou un número limitado de aeronaves civís, así como unidades para a exportación. O Wessex operou como helicóptero de guerra antisubmarina e utilitario, pero é coñecido sobre todo polo seu uso como helicóptero de busca e rescate (SAR). O tipo entrou en servizo e 1961 e operou durante máis de 40 anos antes de ser retirado en 2003 no Reino Unido.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Westland Wessex HC2". RAF Museum (en inglés). Consultado o 2024-05-16.