Saltar ao contido

Usuario:AMPERIO/Portal:Rusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Portal Rusia


Rusia, (en ruso: Россия, transliteración: Rossiya, ou Federación Rusa (en Ruso: Российская Федерация, transliteración: Rossiiskaia Federatsiia), é o maior país do mundo, estendéndose por case a metade de Europa e por preto dun terzo da Asia. Comprende, alén da porción continental, o enclave de Kaliningrado, no Mar Báltico, e unha serie de illas e arquipélagos árticos, entre os cales os máis importantes son a Terra de Francisco Xosé, as illas Nova Zembla, a illa de Kolguev, o arquipélago da Terra do Norte, as illas de Nova Siberia e a illa de Wrangell. Inclúe tamén varias illas e arquipélagos no Extremo Oriente, en particular a illa Sahalín, as illas Kuriles e as illas Komandorskie. A porción continental limita ao norte co Mar Branco, o mar de Kara, o mar de Laptev, o mar da Siberia Oriental e o Mar de Chukchi, ao leste co Estreito de Bering e Mar de Bering, que establecen comunicación con Alasca, o Océano Pacífico, o mar de Okhotsk e co mar do Xapón, a través do cal contacta con Xapón, ao sur con Corea do Norte, China, Mongolia, Casaquistán, o Mar Caspio, Acerbaixán, Xeorxia e co mar Negro, do outro lado do cal está a Turquía, e a oeste limita co Mar de Azov, Ucraína, Belarús, Letonia, Estonia, co Golfo de Finlandia, Finlandia e Noruega. A capital de Rusia é a cidade de Moscova.


Artigo destacado

O Potemkin (en ruso: Князь Потёмкин-Таврический Kniaz Potemkin Tavricheskii, «Príncipe Potiomkin de Táurica») foi un acoirazado pre-dreadnought ruso que se construíu para a Frota do Mar Negro da Armada Imperial rusa. O buque fíxose famoso polo motín dos seus mariñeiros contra os oficiais en xuño de 1905, durante a Revolución Rusa de 1905. Tempo despois este motín considerouse un primeiro paso cara á Revolución Rusa de 1917 e converteuse nun símbolo revolucionario grazas á película muda O acoirazado Potemkin, dirixida por Sergei Eisenstein en 1925.

Despois de que os amotinados buscasen refuxio no porto romanés de Constanza, a armada rusa recuperou o buque e renomeouno Panteleimón. En 1909 o acoirazado afundiu accidentalmente un submarino ruso e en 1911 encalou e resultou gravemente danado. Iniciada a Primeira Guerra Mundial, a finais de 1914 o Panteleimón participou na batalla do cabo Sarych contra buques de guerra do Imperio otomán...

Biografía destacada

Nadezhda Konstantínovna Krúpskaia (en ruso: Наде́жда Константи́новна Кру́пская), nada en San Petersburgo o 14 de febreiroxul./ 26 de febreiro de 1869greg. e finada en Moscova o 27 de febreiro de 1939, máis coñecida como Nadia Krúpskaia, foi unha escritora, pedagoga e revolucionaria rusa, recoñecida figura do Partido Comunista da Unión Soviética. Foi unha das principais responsables da creación do sistema educativo soviético e pioneira do desenvolvemento das bibliotecas rusas. O seu esposo foi o revolucionario bolxevique Vladimir Ilich Ulianov, coñecido como Lenin...

Sabías que...?

Símbolos históricos

Imaxe destacada

A torre Spasskaia do Kremlin de Moscova na década de 1880.

Artigos de calidade e bos

Categorías

Portal Alemaña
Portal Alemaña

Alemaña

Portal España
Portal España

España

Portal Finlandia
Portal Finlandia

Finlandia

Portal Francia
Portal Francia

Francia

Portal Ucraína
Portal Ucraína

Ucraína

Portal Israel
Portal Israel

Israel

Portal Italia
Portal Italia

Italia

Portal Kirguizistán
Portal Kirguizistán

Kirguizistán

Portal Países Baixos
Portal Países Baixos

Países Baixos

Bulgaria
Bulgaria

Bulgaria

Índice de Portais
Índice de Portais

Outros portais