Estou motivada para aprender a editar contidos, colaborar e compartir e intercambiar saberes e erros que nos axuden a mellorar a comunidade e o coñecemento libre e accesible para todas as persoas
O meu interese principal é acurtar a fenda de xénero na Galipedia, facendo entradas de mulleres e as súas aportacións á sociedade.
Agora tecendo redes co grupo de traballo Traduki, xuntando editoras en diversas lingüas para aumentar o número de biografías de mulleres.