Saltar ao contido

Transcortina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SERPINA6
Estruturas dispoñibles
PDBBuscar ortólogos: PDBe, RCSB
Identificadores
Nomenclatura
Identificadores
externos
LocusCr. 14 q32.13
Padrón de expresión de ARNm
Máis información
Ortólogos
Especies
Humano Rato
Entrez
866 12401
Ensembl
Véxase HS Véxase MM
UniProt
P08185 Q06770
RefSeq
(ARNm)
NM_001756 NM_007618
RefSeq
(proteína) NCBI
NP_001747 NP_031644
Localización (UCSC)
Cr. 14:
94.3 – 94.32 Mb
Cr. 12:
103.61 – 103.62 Mb
PubMed (Busca)
866


12401

A transcortina, tamén chamada globulina que se liga a corticosteroides (CBG, do inglés corticosteroid-binding globulin) ou serpina A6, é unha proteína producida no fígado en animais. En humanos está codificada no xene SERPINA6 do cromosoma 14. É unha alfa-globulina.[1][2][3]

Función[editar | editar a fonte]

O xene SERPINA6 codifica unha proteína alfa-globulina con propiedades de unirse a corticosteroides. Esta é a principal proteína de transporte para os glicocorticoides e proxestinas do sangue da maioría dos vertebrados. O xene localízase nunha rexión cromosómica que contén varios inhibidores de serina proteases (serpinas) estreitamente relacionados.[3]

Unión a moléculas[editar | editar a fonte]

A transcortina únese a varias hormonas esteroides en altas proporcións:

  • Cortisol.- Aproximadamente o 90 % do cortisol en circulación está unido á transcortina. O resto está unido á albumina sérica. O cortisol pénsase que só está activo bioloxicamente cando non está unido á transcortina.[4]
  • Cortisona.[5]
  • Desoxicorticosterona (DOC).[5]
  • Corticosterona.- Un 78 % da corticosterona sérica está unida á transcortina.
  • Aldosterona.- Aproximadamente o 17 % da aldosterona sérica está unida á transcortina, mentres que outro 47 % está unido á albumina sérica. O restante 36 % está libre.[6]
  • Proxesterona.- Aproximadamente o 18 % da proxesterona do soro sanguíneo está unida á transcortina, mentres que outro 80 % está unida á albumina sérica e o restante 2 % está libre.[7]
  • 17α-Hidroxiproxesterona.[5]

Ademais, aproximadamente o 4 % da testosterona sérica está unida á transcortina.[8] Unha fracción igualmente pequena do estradiol sérico está tamén unido á transcortina.[9]

Síntese[editar | editar a fonte]

A transcortina prodúcese no fígado e o seu nivel é incrementado polos estróxenos.[10]

Importancia clínica[editar | editar a fonte]

As mutacións neste xene son raras. Só se describiron catro mutacións, xeralmente en asociación con fatiga e dor crónicas.[11] O mecanismo que causa estes síntomas non se coñece. Esta condición debe distinguirse do hipocortisolismo secundario. [12][13]

A síntese hepática da globulina que se liga a corticosteroides aumenta a máis do dobre no embarazo; é dicir, o cortisol unido no plasma ao final do embarazo é aproximadamente dúas ou tres veces maior que en mulleres non preñadas.[14][15]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hammond GL, Smith CL, Goping IS, Underhill DA, Harley MJ, Reventos J, Musto NA, Gunsalus GL, Bardin CW (agosto de 1987). "Primary structure of human corticosteroid binding globulin, deduced from hepatic and pulmonary cDNAs, exhibits homology with serine protease inhibitors". Proc Natl Acad Sci U S A 84 (15): 5153–7. Bibcode:1987PNAS...84.5153H. PMC 298812. PMID 3299377. doi:10.1073/pnas.84.15.5153. 
  2. Byth BC, Billingsley GD, Cox DW (xullo de 1994). "Physical and genetic mapping of the serpin gene cluster at 14q32.1: allelic association and a unique haplotype associated with alpha 1-antitrypsin deficiency". Am J Hum Genet 55 (1): 126–33. PMC 1918218. PMID 7912884. 
  3. 3,0 3,1 "Entrez Gene: SERPINA6 serpin peptidase inhibitor, clade A (alpha-1 antiproteinase, antitrypsin), member 6". 
  4. Diccionario médico - Transcortina. Clínica Universidad de Navarra.
  5. 5,0 5,1 5,2 E. Edward Bittar; Neville Bittar (1997). Molecular and Cellular Endocrinology. Elsevier. p. 238. ISBN 978-1-55938-815-3. Consultado o 23 de agosto de 2012. 
  6. Principles and Practice of Endocrinology and Metabolism. Lippincott Williams & Wilkins. 24 de abril de 2001. p. 712. ISBN 978-0-7817-1750-2. Consultado o 23 de agosto de 2012. 
  7. Negi (2009). Introduction To Endocrinology. PHI Learning Pvt. Ltd. p. 268. ISBN 978-81-203-3850-0. Consultado o 23 de agosto de 2012. 
  8. Dunn JF, Nisula BC, Rodbard D (xullo de 1981). "Transport of steroid hormones: binding of 21 endogenous steroids to both testosterone-binding globulin and corticosteroid-binding globulin in human plasma". The Journal of Clinical Endocrinology and Metabolism 53 (1): 58–68. PMID 7195404. doi:10.1210/jcem-53-1-58. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2019. Consultado o 23 de agosto de 2012. 
  9. Evans, J. J., Sin, I. L., Duff, G. B., & Frampton, C. M. (1987). Estrogen-induced transcortin increase and progesterone and cortisol interactions: implications from pregnancy studies. Annals of clinical and laboratory science, 17(2), 101–105. PMID 3579210
  10. Musa BU, Seal US, Doe RP (setembro de 1965). "Elevation of certain plasma proteins in man following estrogen administration: a dose-response relationship". J. Clin. Endocrinol. Metab. 25 (9): 1163–6. PMID 4284083. doi:10.1210/jcem-25-9-1163. 
  11. Torpy DJ, Lundgren BA, Ho JT, Lewis JG, Scott HS, Mericq V (xaneiro de 2012). "CBG Santiago: a novel CBG mutation". J. Clin. Endocrinol. Metab. 97 (1): E151–5. PMID 22013108. doi:10.1210/jc.2011-2022. 
  12. David J. Torpy, Anthony W. Bachmann, Jeffrey E. Grice, Stephen P. Fitzgerald, Patrick J. Phillips, Judith A. Whitworth, Richard V. Jackson. Familial Corticosteroid-Binding Globulin Deficiency Due to a Novel Null Mutation: Association with Fatigue and Relative Hypotension. The Journal of Clinical Endocrinology & Metabolism, Volume 86, Número 8, 1 de agosto de 2001, Páxinas 3692–3700, [1]. Publicado o 01 de agosto de 2001
  13. Torpy, D. J., & Ho, J. T. (2007). Corticosteroid-binding globulin gene polymorphisms: clinical implications and links to idiopathic chronic fatigue disorders. Clinical endocrinology, 67(2), 161–167. https://doi.org/10.1111/j.1365-2265.2007.02890.x PMID 17547679
  14. Rosen MI, Shnider SM, Levinson G, Hughes (2002). Shnider and Levinson's anesthesia for obstetrics. Hagerstwon, MD: Lippincott Williams & Wilkins. p. 13. ISBN 0-683-30665-0. 
  15. Ann M. Gronowski (6 de maio de 2004). Handbook of Clinical Laboratory Testing During Pregnancy. Springer Science & Business Media. pp. 408–. ISBN 978-1-59259-787-1. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]