Stephen Graham
Posición | Escolta/Aleiro |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 11 de xuño de 1982 (41 anos) Wilmington, Delaware |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
Peso oficial | 98 kg (215 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Brandon High School (Florida) |
Universidade | Central Florida Oklahoma State |
Carreira | dende 2005 |
Historial de equipos | |
Houston Rockets (2005) Chicago Bulls (2006) Cleveland Cavaliers (2006) Portland Trail Blazers (2006-2007) Indiana Pacers (2007-2009) Charlotte Bobcats (2009-2010) New Jersey Nets (2010-2011) | |
Información en nba.com |
Stephen Graham, nado o 11 de xuño de 1982 en Wilmington, Delaware, é un xogador americano de baloncesto profesional. Tras xogar o seu ano sénior na universidade de Oklahoma State, Graham apuntouse ao draft de 2005. Con todo, non foi elixido. Xogou para os Phoenix Suns na Summer League de Las Vegas, e logo para os San Antonio Spurs durante a pretempada de 2005, pero ningún equipo lle ofreceu contrato. Asinou polos Sioux Falls Skyforce dunha liga menor, onde chegou a xogou a All-Star desa liga, a CBA.
Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]
Profesional[editar | editar a fonte]
Graham asinou polos Houston Rockets o 10 de decembro de 2005, pero foi cortado o 29 de decembro tras xogar seis partidos.[1]
Tras volver a xogar nos Skyforce, asinou un contrato de 10 días cos Chicago Bulls o 17 de xaneiro de 2006.[2] Xogou o seu primeiro partido cos Bulls tres días despois contra os Rockets. En cambio, Graham xogou moi pouco con Chicago, e o seu contrato non foi estendido cando rematou.
O 6 de febreiro, Graham asinou un contrato de 10 días cos Cleveland Cavaliers.[3] O 20 de febreiro, asinou un segundo contrato de 10 días,[4] e despois un para o resto da tempada.[5]
Os dois primeiros meses da tempada 2006-07 estivo nos Portland Trail Blazers, pero foi cortado o 2 de xaneiro de 2007, e foi xogar outra vez aos Skyforce en Dacota do Sur, que nese intre formaba parte xa da D-League.
En xullo de 2007, asinou cos Indiana Pacers da NBA.[6]
Asinou cos Charlotte Bobcats en setembro de 2009.[7]
O 15 de setembro de 2010, Graham asinou cos New Jersey Nets.[8]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Rockets Release Stephen Graham". NBA.com. 2005-12-29. Consultado o 2009-10-24.
- ↑ NBA. "Stephen Graham Info Page". Consultado o 2007-10-12.
- ↑ "Cavaliers Sign Stephen Graham to 10-Day Contract". NBA.com. 2006-02-06. Consultado o 2009-10-24.
- ↑ "Cavaliers Sign Stephen Graham to a Second 10-Day Contract". NBA.com. 2006-02-20. Consultado o 2009-10-24.
- ↑ "Cavaliers Sign Stephen Graham; Waive Nailon". NBA.com. 2006-02-24. Consultado o 2009-10-24.
- ↑ "Stevie Signs with the Pacers". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2007. Consultado o 15 de abril de 2011.
- ↑ Five Former OSU Players On NBA Training Camp Rosters[Ligazón morta]
- ↑ "NETS Sign Free-Agent Forward Stephen Graham". NBA.com. 2010-09-15. Consultado o 2010-09-16.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Escoltas de baloncesto
- Alas de baloncesto
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores dos Houston Rockets
- Xogadores dos Chicago Bulls
- Xogadores dos Cleveland Cavaliers
- Xogadores dos Portland Trail Blazers
- Xogadores dos Indiana Pacers
- Xogadores dos Charlotte Bobcats
- Xogadores dos New Jersey Nets