Saltar ao contido

Signario de Espanca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escrituras paleohispánicas
O signario de Espanca (Castro Verde)

O signario de Espanca (Castro Verde, Baixo Alentexo, Portugal) é o único signario enteiro conservado dunha escritura paleohispánica. Está realizado sobre unha pequena placa de xisto (48 x 28 x 2 cm.) que apareceu fóra de contexto e polo tanto non dispón de datación arqueolóxica. É un signario dobre que consta de 27 signos e que probabelmente corresponde a un exercicio de aprendizaxe, xa que consta de dúas liñas, a primeira está trazada con maior seguridade e seguramente corresponde ao exemplo trazado polo mestre, mentres que a segunda, trazada con maior inseguridade, parece corresponder ao alumno.

Non coincide exactamente con ningunha das escrituras coñecidas a través de inscricións, aínda que pertence claramente ao grupo meridional e apareceu na zona nuclear da escritura tartesa ou do suroeste. Cabe destacar que os 13 primeiros signos conservan a orde relativa correspondente ao alfabeto fenicio. Sobre a súa orixe non hai consenso: para algúns investigadores a súa orixe esta directa e unicamente vinculado ao alfabeto fenicio, mentres que para outros na a súa creación tamén influiría o alfabeto grego.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Adiego, Ignasi Javier (1993): «Algunas reflexiones sobre el alfabeto de Espanca y las primitivas escrituras hispánicas», Studia Palaeohispanica et Indogermánica J. Untermann ab Amicis Hispanicis Oblata, pp. 11–22.
  • Correa, J.A. (1993): «El signario de Espanca (Castro Verde) y la escritura tartessia», Lengua y Cultura en la Hispania Prerromana, pp. 521–562.
  • Hoz, J. De (1996): «El origen de las escrituras paleohispánicas quince años después», La Hispania prerromana, pp. 171–206.
  • Untermann, J. (1996): «La escritura tartesia entre griegos y fenicios, y lo que nos enseña el alfabeto de Espanca», Arqueología Hoje 2.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]