Santiago Rey Fernández-Latorre
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1938 (85/86 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Nai | María Victoria Fernández-Latorre |
Parentes | María Victoria Fernández-España (stepsister (en) ) |
Premios |
Santiago Rey Fernández-Latorre, nado na Coruña en 1938, é un empresario galego, propietario do xornal La Voz de Galicia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi fillo de Emilio Rey Romero e de María Victoria Fernández-Latorre. Licenciouse en Dereito, e en 1961 entra a traballar en La Voz de Galicia, a empresa familiar que fundara o seu avó Juan Fernández Latorre en 1882. En 1963 converteuse no seu xerente, ascendeu logo a conselleiro delegado, en 1987 a vicepresidente e posteriormente, en 1988, foi nomeado presidente, logo do falecemento do seu irmán Emilio Rey Fernández-Latorre[1]. En 1992 controlaba o paquete de accións maioritario da empresa, o 26 %.[1] A súa época na dirección do xornal viu marcada pola expansión, coa merca doutras cabeceiras e medios, coa construción dunha planta de impresión en Sabón, e co despregamento dunha rede de edicións. O negocio ademais estendeuse ao sector audiovisual (cinema, radio e televisión) e beneficiouse de grandes contratos co sector público, como a impresión do Diario Oficial de Galicia[2], así como da maior cantidade de subvencións recibida polos medios de comunicación[3].
En 1993 deixou a primeira fila de xestión do grupo empresarial en mans do seu fillo Emilio Rey Berguer, pero en 2001 destituíuno e recuperou o control da liña empresarial e da toma de decisións[4].
Ademais, Santiago Rey inaugurou unha fundación que leva o seu nome (2001), un museo do xornal que tamén leva o seu nome (1998), e uns premios que levan o seu nome.
Tamén foi presidente do Instituto Internacional de Prensa (IPI), foi un dos fundadores e presidiu a Asociación de Editores de Diarios Españois (AEDE), creou e presidiu a axencia de noticias Colpisa. E creou Antena 3 Galicia e o grupo Cable, e foi conselleiro de Antena 3 TV e Antena 3 Radio.[5]
Galardóns[editar | editar a fonte]
- Gran Cruz do Mérito Civil (1986)
- Fillo Predilecto da Coruña (2001)
- Doutor honoris causa pola Universidade da Coruña (2002)
- Medalla de Ouro de Galicia (2005).
- Doutor honoris causa pola Universidade de León (2006).
- Medalla de ouro e brillantes da Fundación Barrié da Coruña (2007)
- Medalla de ouro do Colexio de Médicos da Coruña (2011)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 García González, A.: Historia de la empresa La Voz de Galicia. Libros en red, 2009.
- ↑ La Xunta tiene que decidir ya si amplía el contrato a ‘La Voz’ para imprimir el DOG Arquivado 02 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine., Xornal de Galicia, 26/01/2010
- ↑ Santiago Rey debía a La Voz de Galicia 30,3 millones de euros en el año 2006 Arquivado 18 de abril de 2009 en Wayback Machine., La Región, 31/5/2008.
- ↑ Emilio Rey: "Mi etapa como editor aún no ha terminado"[Ligazón morta], Xornal de Galicia, 11/1/2002
- ↑ Rey Fernández-Latorre, Santiago (2016). Yo protesto. Col. Biblioteca Gallega. A Coruña: La Voz de Galicia. pp. 7–8.