Rexións de África
Denomínase rexións e de África á división do continente africano para o seu estudo Dous exemplos son as divisións xeográficas ou lingüísticas.
A Organización das Nacións Unidas adoita referirse a cinco rexións: África Setentrional (polo norte do Sáhara toda a costa Mediterráneo, ás veces incluíndo Sudán), África Occidental desde lonxitude 10º leste, excluíndo África Setentrional), África Oriental (dende o mar Vermello e o Corno de África até Mozambique, incluíndo Madagascar), África Central e África Meridional.
Rexións xeográficas[editar | editar a fonte]
Outro xeito de dividir África sería pola súa xeografía física atendendo ao relevo, ao clima, á flora:
- O deserto do Sáhara, é unha grande rexión na África do Norte o segundo deserto máis grande do mundo (despois da Antártida).
- O Magrebe, é a rexión do noroeste africano, abranguendo dende as costas até as Montañas do Atlas de Marrocos, Alxeria, e Tunisia.
- O Sahel, rexión que é unha fita de vexetación ao sur do Sáhara que vai dende o Senegal até Sudán.
- A rexión do Sudán, que está xusto despois do Sahel, e que é un pouco máis húmida.
- O Corno de África, é unha península no leste de África, que penetra o mar de Arabia e está no sur do Golfo de Adén. Abrangue Etiopía, Eritrea, Somalia e Djibuti.
- África Subsahariana, toda a África que está ao sur do Sáhara.
- A rexión de Guinea, que se diferenza da veciña Sudán pola súa selva tropical e vai pola costa atlántica dende Guinea até Nixeria.
- O Congo, rexión tropical.
- Gran Val do Rift, a rexión que contén Uganda.
Rexións lingüísticas[editar | editar a fonte]
Por linguas oficiais[editar | editar a fonte]
- Zona anglófona. Comprende cinco países de África oriental (Gambia, Serra Leoa, Liberia, Ghana, e o país máis poboado de África, Nixeria, como tamén nunha pequena parte do Camerún) que están separados por países francófonos, e unha longa área contigua na África Meridional e África Oriental.
- Zona do árabe. Fórmana os países de fala árabe máis poboados do mundo (Exipto, Sudán, Marrocos, Alxeria), como tamén Tunisia e Mauritania. O francés tamén está implantado nos países do Magrebe, aínda que se está a perder algo pola arabización dos países.
- Zona francófona. Forma unha área conxunta na África Occidental e Central, ademais de Madagascar e Djibuti.
- Zona lusófona. Consiste nos países esparexidos de Cabo Verde, Guinea-Bissau, San Tomé e Príncipe, Angola, e Mozambique.
- Guinea Ecuatorial é o único estado africano onde o español é oficial, aínda que o francés e recentemente o portugués tamén o son.
- O suahili é amplamente empregado como interlingua na África Oriental; sobre todo en Tanzania.
- Etiopía e Somalia usan as linguas afroasiáticas, o amhárico e o somalí respectivamente, como linguas oficiais, aínda que o árabe tamén funciona como unha lingua secundaria en Somalia. Eritrea ten o tigriña, e tamén o árabe.
Por familias das linguas indíxenas[editar | editar a fonte]
- As linguas níxer-congo e as linguas nilo-saharianas emprégase na maioría da África Subsahariana. As nilosaharianas ocupan unha pequena área pero son moi diversas, e están relacionadas coas níxer-congo.
- As linguas afroasiáticas empréganse polo Norte e polo Corno de África, como tamén nalgunhas partes do Sahel.
- As linguas khoisas son faladas principalmente en áreas desertas da África Austral, pero foron antigamente faladas nunha área moito máis grande.
- As linguas austronesias, que proveñen do sueste asiático, empréganse en Madagascar.