Remo feminino
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O remo feminino en España estaba prohibido para as mulleres na época franquista, pero a mediados do século XX comezaron ós poucos a facer unha incursión no remo. En Galicia, comezaron a competir nos clubs sociais na década de 1960. En 1976, a competición feminina de remo converteuse en deporte olímpico.
Na actualidade o número de competicións de homes e de mulleres é moi similar. O Centro Galego de Tecnificación Deportiva é un lugar de adestramento específico que inclúe a modalidade de remo; a competición onde participan as deportistas galegas é a Liga ACT feminina. As agrupacións mixtas non existen a nivel competitivo en España, pois a Federación optou pola segregación, como quedou demostrado no caso de Victoria Piñeiro, unha piragüista canguesa que comezou a exercer de temoeira para os regatistas da embarcación cántabra de Astillero e recibiu a negativa para competir a nivel oficial[1][2].
Entre as regatas con sección dedicada a embarcacións de mulleres están a Bandeira da Concha. Algunhas das asociacións galegas que participaron algunha vez con agrupacións femininas son: Sociedade Deportiva Samertolameu, Club de Remo Vila de Cangas, Asociación Deportiva Esteirana, Club Regatas Perillo e Club do Mar Mugardos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Una canguesa se queda fuera del Campeonato de España por ser mujer". Faro de Vigo (en castelán). 28 de maio de 2008. Consultado o 19 de febreiro de 2013.
- ↑ "´En otros países este problema está superado´". La Opinión (en castelán). 28 de maio de 2008. Consultado o 19 de febreiro de 2013.