Río Deba
Río Deba | |
---|---|
País | Euskadi, España |
Nacemento | Arlaban |
Altitude | 600 msmn |
Lonxitude | 58 km |
Conca | 1.125 km² |
Caudal medio | 13,4 m³/s |
Desembocadura | Mar Cantábrico |
O Deba (en castelán: Deva) é un río do País Vasco que nace nas montañas de Arlaban, no extremo occidental da Serra de Elgea, moi preto de Leintz-Gatzaga.
O río percorre Guipúscoa e desemboca no mar Cantábrico formando unha ría xunto á localidade de Deba. No seu percorrido pasa polos concellos de Leintz-Gatzaga, Eskoriatza, Aretxabaleta, Arrasate, Bergara, Soraluze, Elgoibar, Mendaro e Deba. O río dá nome a dúas comarcas da provincia: Debagoiena (Alto Deba) e Debabarrena (Baixo Deba).
Os seus principais afluentes son o Angiozar, o Aramaio, o Aranerreka, o Kilimon e o Ego pola marxe esquerda e o Oñati pola dereita.