Portal:Romanía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Romanía (en romanésRomânia[romɨˈni.a] (AFI)Ro-România.ogg escoitar) é un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea. Está localizado na intersección de Europa Central e dos Balcáns, e costeiro do mar Negro.

Limita con Hungría e Serbia ao oeste, Ucraína e Moldavia ao nordeste e ao leste, e Bulgaria ao sur. Con 238 391 km², Romanía é o noveno país máis grande da Unión Europea por área, e conta coa sétima maior poboación da Unión Europea con máis de 19 millóns de habitantes. A súa capital e cidade máis poboada é Bucarest, a décima cidade máis grande da Unión Europea.

Romanía uniuse á OTAN o 29 de marzo de 2004, e á Unión Europea o 1 de xaneiro de 2007. Tamén é membro da Unión Latina, a Francofonía, a OSCE, a OMC, a BSEC e as Nacións Unidas. Hoxe en día, Romanía é un Estado unitario cunha república semipresidencial, na que o poder executivo componse do presidente e do Goberno. Romanía e Moldavia son os únicos países de Europa Oriental cuxas linguas son romances.

Artigo destacado

editar

A selección de rugby de Romanía tamén coñecida como os Carballos (Stejarii), representa a Romanía nas competicións oficiais de rugby. Sempre foi un dos equipos máis fortes do continente europeo, dentro dos que non disputaban o Torneo das Seis Nacións, mais actualmente Xeorxia ese posto. Está incluído na segunda división de seleccións internacionais e ocupa o posto 17 na clasificación de seleccións da IRB. Participa habitualmente na Copa do Mundo (participou en tódalas edicións disputadas ata o momento, logrando como mellor resultado unha vitoria na fase de grupos nas edicións de 1987, 1991, 1999, 2003 e 2007), na Copa de Europa e na Super Cup.

A década dos oitenta foi o mellor período da historia da selección romanesa, cando chegou a vencer a Gales en dúas ocasións, a Escocia (ao equipo que lograra o Grand Slam de 1984) e a Francia en dúas ocasións. En 1981 perdeu fronte aos All Blacks por un axustado 14-6, a pesar de que lles foron anulados dous ensaios. Existen rumores de que nesa época foi convidada a disputar o Torneo 5 Nacións, mais supostamente a invitación foi refusada debido a que a celebración do Torneo coincidía coa parada invernal da Liga Romanesa. Porén, o rugby romanés sufriu un lixeiro retroceso nas últimas dúas décadas, coincidindo coa deterioración da política e a economía nacional.

Cidade destacada

editar

Bucarest (en romanésBucurești[bukuˈreʃtʲ] (AFI)) é a capital e centro industrial e comercial de Romanía. Está localizada no sueste do pais, ás beiras do Río Dâmbovița.

Segundo o censo oficial a 1 de xaneiro do ano 2010, Bucarest tiña unha poboación de 1 944 367 habitantes, 2.3 millóns na área metropolitana.

Para os parámetros europeos, Bucarest non é unha cidade antiga, a primeira referencia que se ten dela é do ano 1459. Dende esa data Bucarest pasou por moitos cambios, facéndose capital do pais no ano 1862 converténdose no centro da cultura e as artes. A súa ecléctica arquitectura é unha mestura da historia, da época comunista e da modernidade. No período entre as dúas guerras mundiais, a arquitectura da cidade valeulle o sobrenome do "París do leste" ou "Pequeno París" (Micul Paris). Parte dos monumentos e igrexas foron destruída polas guerras, tremores de terra, incendios e no decurso da campaña de "urbanismo" emprendida por Nicolae Ceaușescu no século pasado. En anos recentes, a cidade volveu vivir un renacemento da súa cultura e economía.

Categorías
Biografía destacada

editar

Angela Gheorghiu (nome real Angela Burlacu), nada o 7 de setembro de 1965 en Adjud (Romanía), é unha soprano romanesa. Dende o seu debut profesional en 1990 na Opera Națională Română din Cluj-Napoca en 1990 ten interpretado os papeis principais de numerosas óperas na Metropolitan Opera de Nova York, a Royal Opera House de Londres, a Wiener Staatsoper de Viena, o Teatro alla Scala de Milán, e moitos outros teatros de ópera de Europa e os Estados Unidos. Ten unha abundante discografía, principalmente cos selos EMI Classics e Decca, e é especialmente coñecida polas súas interpretacións de óperas de Giacomo Puccini, se ben é considerada a raíz das súas interpretacións de La traviata de Giuseppe Verdi como unha das mellores Violetta do mundo.

Gheroghiu casou, cando aínda era estudante, co enxeñeiro hidráulico Andre Gheorghiu, de quen tomou o apelido e conservou logo de divorciarse del por consello da súa discográfica. Posteriormente coñeceu ao tenor francés, coa que contraeu matrimonio en 1996, divorciándose del en 2009.

Imaxe destacada
Sabías que...?

editar

Billete de 500 lei.

  • ...o delta do Danubio en Romanía é o segundo maior e mellor conservado de Europa?
  • ...Timișoara foi a primeira cidade europea en ter postes eléctricos?
  • ...Romanía renomeou a súa moeda, o leu, en xullo de 2005, de modo que 10 mil antigos leus eran igual a 1 novo leu?


Artigos de calidade e bos

editar

Artigos de calidade (1)

Artigos bos (0)

Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons