Península de Santa Marta
A península de Santa Marta atópase na parroquia de Baíña, no concello pontevedrés de Baiona.
Historia[editar | editar a fonte]
Consérvanse petróglifos do neolítico e restos dun poboado castrexo da idade de ferro. No século XV construíuse unha ermida de estilo románico, que foi posteriormente reformada. No ano 1585 desembarcou na península o pirata Francis Drake coa intención de conquistar Monterreal, e incendiou a capela.[1]
Xeografía[editar | editar a fonte]
A península atópase entre o porto de Baiona e a frecha litoral da Ladeira. Comprende unha praia con Bandeira Azul chamada Areal de Santo Estevo, aínda que comunmente se lle chama Praia de Santa Marta.[2]
Festas na honra de Santa Marta[editar | editar a fonte]
Todos os anos se festexa a romaría de Santa Marta o día 15 de agosto. Conta cunha novena e cunha procesión con moitos devotos na zona polos seus milagres.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Turgalicia. "Capela de Santa Marta de Baíña". Consultado o 29/10/2014.
- ↑ Turgalicia. "Santa Marta, praia". Consultado o 30/10/2014.