Pedro López de Ayala y Zúñiga
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de febreiro de 1582 (Gregoriano) ![]() Toledo ![]() |
Morte | 12 de maio de 1651 ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Outro | |
Título | Condado de Fuensalida (pt) ![]() ![]() |
Cónxuxe | Francisca Luísa Portocarreiro |
Irmáns | Álvaro de Ayala (en) ![]() ![]() |
Pedro López de Ayala y Zúñiga nado en Toledo o 9 de febreiro de 1582 e finado na mesma cidade o 12 de maio de 1651,[1] foi un nobre español, VII Conde de Fuensalida e Alguacil Maior de Toledo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Pedro López de Ayala y Cárdenas e María Zúñiga Pacheco.[1] Herdou do seu pai o título de Conde de Fuensalida en 1610. No ano 1620 foi nomeado Cabaleiro de Calatrava. Máis adiante Alguacil Maior de Toledo. No ano 1640 recibiu a Grandeza de España.
Matrimonio[editar | editar a fonte]
Casou con Francisca Luisa Portocarrero, VI marquesa de Villanueva del Fresno, coa que non tivo descendentes. O seu matrimonio foi anulado.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 03 de xaneiro de 2015.