Parque Nacional de Durmitor
Parque Nacional de Durmitor | |
---|---|
Vista desde a montaña do lago Negro, Crno jezero. | |
SedlenaGreda.jpg Pico dobre do Sedlena Greda, 2227m (dereita) e 2148 m (esquerda). | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Montenegro |
Localización | 43°8′N 19°1′L / 43.133, -19.017 |
Tipo | Natural |
Criterios | VII, VIII, X |
Inscrición | 1980 (4ª Sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 100 |
O Parque Nacional de Durmitor atópase en Montenegro.
Datos de interese[editar | editar a fonte]
O Parque Nacional creouse no 1952 e corresponde a un parque de alta montaña, xa que a cota superior, o monte Durmitor acada os 2.522 metros. Predominan as forestas caducifolias con hábitats da alta montaña balcánica. Nas zonas máis elevadas dominan as praderías alpinas. A zona protexida abrangue 33.000 hectáreas.
Flora e fauna[editar | editar a fonte]
Gran presenza de faiais, piñeiro negral e piñeiro mugo. O mamífero máis salientábel é o oso pardo, mais tamén atopamos rebezos e a trilladeira nival dos Balcáns. Entre as aves salientar a aguia real, a perdiz grega e a pita do monte.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Nacional de Durmitor |