Park Chu-Young
Park Chu-Young | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Park Chu-Young | ||
Nacemento | 10 de xullo de 1985 | ||
Lugar de nacemento | Daegu | ||
Altura | 1.80 m | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Arsenal | ||
Número | 30 | ||
Carreira xuvenil | |||
2001–2003 | Cheonggu High School | ||
2002 | → Zico Football Center | ||
2003 | Korea University | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2005–2008 | FC Seoul | 69 | (23) |
2008–2011 | AS Mónaco | 91 | (25) |
2011– | Arsenal FC | 1 | (0) |
2012–2013 | → Celta de Vigo (cedido) | 21 | (3) |
2014 | → Watford FC (cedido) | 2 | (0) |
2014–2015 | Al-Shabab FC | 7 | (1) |
2015– | FC Seoul | 11 | (3) |
Selección nacional | |||
2005– | Corea do Sur | 61 | (23) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 7 de abril de 2013. Selección: actualizado a 11 de setembro de 2012.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Park Chu-Young (Hangul: 박주영, Hanja: 朴主永; e tamén coñecido como Park Ju-Young) nado o 10 de xullo de 1985 en Daegu, Corea do Sur, é un futbolista que xoga na demarcación de dianteiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Tras destacar cas seleccións de Corea do Sur Sub-20 e Sub-23 e ser nomeado Futbolista Asiático Xove do Ano pola Confederación Asiática de Fútbol, en 2005 fichou polo FC Seoul da K-League de Corea do Sur, no primeiro ano marcou 18 goles sendo o segundo máximo goleador do campionato e Novato do ano. A tempada seguinte deu un pequeno baixón pero recuperou á seguinte pero unha lesión apartouno dos terreos de xogo.
En 2008 fichou polo AS Mónaco por seis millóns de euros[1], onde militou tres tempadas, na última das cales marcou 12 goles, o que o levou a fichar polo Arsenal FC o 30 de agosto de 2011 da Premier League, co equipo inglés debutou na Liga de Campións ante o Olympique de Marsella.
Tras varios reforzos do equipo londiniense foi cedido ao Celta de Vigo na tempada 2012/2013[2].
Coa selección absoluta[editar | editar a fonte]
Medallas olímpicas | ||
Bronce | C-1000 | Londres 2012 |
Comezou na Selección de fútbol de Corea do Sur Sub-20 no Campionato Xuvenil da AFC 2004, onde gañou o Balón de Ouro e foi escollido Xogador máis valioso do torneo. Tamén co combinado nacional participou no Campionato Mundial Xuvenil da FIFA en 2003 e 2005. Consagrouse ante o público coreano no 2005 cando a Selección Sub-20 foi convidada a un torneo de oito equipos en Qatar, nese torneo anotou dous goles ante a China, tres contra Ucraína, dous ante Alxeria e outros dous antes Xapón.
Tamén participou nos Xogos Olímpicos de 2012 coma un dos tres xogadores maiores de 23 anos, onde o equipo acadou a medalla de bronce.
Na actualidade é o capitán da Selección de fútbol de Corea do Sur[3].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ http://www.soccerfame.es/transfer/4145/park-chu-young[Ligazón morta]
- ↑ "El Celta ficha al surcoreano Park Chu-Young, del Arsenal". AS.com (en castelán). 2012-08-31. Consultado o 2019-12-14.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2012. Consultado o 01 de febreiro de 2013.
- Futbolistas olímpicos de Corea do Sur
- Dianteiros de fútbol
- Nados en 1985
- Nados en Daegu
- Xogadores do FC Seoul
- Xogadores do AS Monaco FC
- Xogadores do Arsenal FC
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do Watford FC
- Xogadores do Al-Shabab FC
- Xogadores da selección de fútbol de Corea do Sur
- Xogadores da K League 1
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2008
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2012
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012
- Medallistas olímpicos de bronce por Corea do Sur
- Medallistas olímpicos en fútbol