Narciso Escobar Rodríguez
Escobar | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Narciso Escobar Rodríguez | ||
Nacemento | 9 de xaneiro de 1937 | ||
Lugar de nacemento | Villablino | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1950-1951 | SD Ponferradina | ||
1957-1960 | Celta de Vigo | 36 | (8) |
1957-1958 | → Racing de Ferrol "Cedido" | 12 | (3) |
1960-1963 | Real Murcia | 42 | (9) |
1963-1966 | SD Ponferradina | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Narciso Escobar Rodríguez, nado en Villablino (Provincia de León) o 9 de xaneiro de 1937, é un exfutbolista español que xogaba na demarcación de dianteiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou xogando na SD Ponferradina, onde as súas boas actuacións fixeron que o fichara o Celta de Vigo. O primeiro ano xogaría cedido no Racing de Ferrol ata o final da tempada, cando o equipo vigués o recupera para xogar a Copa do Rei.
En Vigo xogou dúas tempadas, a primeira delas en Primeira División e na que se proclamou máximo anotador do equipo. Ao final da tempada seguinte afrontouse unha profunda renovación do equipo e dáselle a carta de liberdade a Escobar.
Despois de tres tempadas no Real Murcia tamén na categoría de prata volveu á Ponferradina, onde se retirou en 1966.